1. Entidade adxudicadora: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, Secretaría xeral.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: limpeza do edificio destinado á sede do Gabinete de Seguridade e Hixiene da Coruña.
b) Prazo de execución ou data límite de entrega: 1 ano, contado desde o 1 de xaneiro de 2004.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.
4. Orzamento base de licitación: corenta e dous mil oitocentos cincuenta e tres euros con vintetrés céntimos (42.853,23 euros, IVE incluído).
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información: Secretaría xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais; edificio administrativo San Lázaro s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 56 50/981 54 01 03; fax: 981 54 69 69. w.w.w.xunta.es/contratacion.
7. Requisitos específicos do contratista.
Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Ver punto 6.
9. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 6 ás 9.30 horas do quinto día natural, contado desde o día seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.
10. Gastos dos anuncios: 9,56 euros por liña publicada no DOG.
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2003.
Mª Jesús Yebra Biurrun
Secretaria xeral da Consellería de Asuntos
Sociais, Emprego e Relacións Laborais