Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.939

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 10 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores en materia de pesca OU-043/03-P e dous máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as propostas de resolución dos expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992, do 24 de xullo (DOG nº 151, do 5 de agosto).

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente remitiranse ó delegado provincial desta consellería, para a resolución do procedemento.

De conformidade co artigo 8 do R.P. o pagamento voluntario polos imputados, en calquera momento anterior á resolución, poderá implicar igualmente a terminación do procedemento, sen prexuízo da posibilidade de interpoñe-los recursos procedentes. O importe da sanción farase efectivo na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia empregando o impreso que lle será facilitado nas oficinas desta delegación ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 10 de novembro de 2003.

Miriam Areal López

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-043/03-P.

Denunciado: Norberto Carlos Gómez Barbosa.

Último enderezo coñecido: Tábora, s/n, Arcos de Valdevez, Portugal.

Feito denunciado: pescar sendo titular de licencia cando non se leve consigo xunto con documento acreditativo da súa identidade.

Precepto infrinxido: artigo 33.1º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992.

Sanción: 60,10 euros.

Expediente: OU-PES-2003-0089.

Denunciado: José Ángel González García.

DNI: 09358362-F.

Último enderezo coñecido: r/ Manuel Martínez Sueiro, 13- 4ºB, 32005 Ourense.

Feito denunciado: pescar sen levar consigo a licencia de pesca. Negarse a entrega-la cana.

Precepto infrinxido: artigo 33.1º e artigo 34.20º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992.

Sanción: 360,61 euros de multa, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.

Expediente: OU-PES-2003-0097.

Denunciado: Francisco Javier González Hermida.

DNI: 44465628-G.

Último enderezo coñecido: r/ Galicia, 21-2º B, 32500 O Carballiño.

Feito denunciado: pescar sen licencia. Pescar en tramo acoutado sen morte sen permiso. Pescar con engado natural. Pescar con anzol de morte.

Precepto infrinxido: artigo 34.1º, artigo 34.10º e artigo 33.4º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992.

Sanción: 721,22 euros de multa (300,51 euros por pescar sen licencia, 300,51 euros por pescar sen permiso do couto e 120,20 por empregar cebos non permitidos), retirada da licencia e inhabilitación para obtela durante un ano.