Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.941

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 10 de novembro de 2003 polo que se lle comunica á empresa Pino Herramientas, S.A. o arquivo do expediente 1/99.0075.0115.N.001, relativo a axuda ó abeiro do convenio de apoio financeiro ás Pemes 1999.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente edicto ponse en coñecemento da empresa Pino Herramientas, S.A., titular do expediente 1/99.0075.0115.N.001, relativo a axuda ó abeiro do convenio de apoio financeiro ás Pemes (Resolución do 18 de maio de 1999, DOG nº 113, do 15 de xuño de 1999) que con data 2 de outubro de 2003 a directora da Área de Financiamento do Igape resolveu o arquivo do expediente renunciando ós dereitos de concesión por non te-lo beneficiario formalizado o préstamo dentro do prazo estipulado.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A resolución de arquivo do expediente non esgota a vía administrativa, e contra ela poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Facenda, no prazo dun mes desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

En Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica