Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.926

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario, reguladas no Decreto 217/2003, do 11 de abril, correspondentes a diversas escalas dos corpos facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B) e de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), de conformidade co establecido nas resolucións do 20 de maio, do 7 de agosto, do 27 de agosto, do 31 de outubro e do 7 de novembro de 2003.

Rematado o prazo fixado polas resolucións da Dirección Xeral da Función Pública do 31 de outubro e do 7 de novembro de 2003 (DOG nº 216, do 6 de novembro, e nº 219, do 11 de novembro) de reclamacións contra a lista provisional de baremación dos solicitantes admitidos na lista, constatada a existencia dalgúns erros materiais na lista provisional por parte da Comisión Permanente Central de Selección de Persoal Funcionario na correspondente sesión, unha vez elevada a oportuna proposta, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas definitivas de baremación dos solicitantes admitidos nas listas correspondentes ós corpos e escalas que a continuación se sinalan, con indicación da puntuación:

-Corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A):

Escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos.

Escala de enxeñeiros de telecomunicacións.

Escala de enxeñeiros de minas.

Escala de enxeñeiros industriais.

Escala de arqueólogos.

Escala de químicos.

Escala de arquitectos.

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, materia de dereito marítimo e lexislación pesqueira.

-Corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B):

Escala de enxeñeiros técnicos de minas.

Escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas.

Escala de enxeñeiros técnicos industriais.

Escala de topógrafos.

Escala de arquitectos técnicos.

-Corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C):

Escala de delineantes.

Segundo.-As citadas listas atópanse expostas nos taboleiros de anuncios do Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia. Así mesmo, os ditos datos poderán consultarse na páxina oficial da Internet da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Terceiro.-As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, quedando desde ese momento sen efecto as listas elaboradas conforme os decretos 89/1997, do 10 de abril, e 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escalas de enxeñeiros de camiños, canles e portos, enxeñeiros de telecomunicacións, enxeñeiros de minas, enxeñeiros industriais, arqueólogos, químicos, arquitectos e profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, materia de dereito marítimo e lexislación pesqueira, ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escalas de enxeñeiros técnicos de minas, enxeñeiros técnicos de obras públicas, enxeñeiros técnicos industriais, topógrafos e arquitectos técnicos e ó corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de delineantes.

Cuarto.-Os solicitantes excluídos, de se-lo caso, disporán do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para solicita-la devolución das taxas por dereitos de inscrición, debendo consigna-lo nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, achegando, así mesmo, copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa de autoliquidación.

Quinto.-De conformidade co establecido no punto 3.2.2. da base 3ª da Resolución do 20 de maio de 2003 (DOG nº 99, do 23 de maio), desde o día seguinte ó da publicación no DOG do anuncio de exposición das listas definitivas desta convocatoria quedará permanentemente aberto o prazo para a presentación de novas solicitudes segundo o establecido nos artigos 3 e 8.4º do Decreto 217/2003, do 11 de abril.

Sexto.-A actualización de méritos será anual, de conformidade co establecido no artigo 8.5º do Decreto 217/2003, do 11 de abril (DOG nº 75, do 16 de abril).

Sétimo.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública