Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.914

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 27 de novembro de 2003 pola que se convoca proceso selectivo para o acceso a categorías correspondentes ó grupo II do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia pola quenda de promoción interna e cambio de categoría.

De conformidade co establecido no Decreto 183/2003, do 13 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de persoal laboral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003 (DOG nº 53, do 17 de marzo), esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe o artigo 10 do IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,

DISPÓN:

I. Normas xerais.

I.1. Convócase proceso selectivo para o acceso ás categorías do grupo II que figuran no anexo I da presente convocatoria.

I.1.1. O número total de vacantes reservadas ó sistema de promoción interna e cambio de categoría, de se-lo caso, será, para cada categoría, o reflectido no anexo I, sendo en todo caso dun 50 % para a quenda de promoción interna e tendo en conta que cando o resultado da aplicación da citada porcentaxe dea un resto igual ou superior a 0,5 computarase como unha praza para incluír en tal cota.

I.1.2. As prazas sen cubrir das reservadas ó sistema de promoción interna e cambio de categoría acumularanse ó sistema de acceso libre.

I.1.3. Ó presente proceso selectivo seralle aplicable o disposto nos artigos 8 e seguintes do IV convenio colectivo único e demais normas concordantes, así coma o disposto na presente convocatoria.

I.2. Requisitos dos candidatos.

I.2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

I.2.1.1. Titulación: estar en posesión ou en condicións de obte-lo título académico que, para cada categoría, figura no anexo I antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

En caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación.

I.2.1.2. Habilitación: non ter sido separado do servicio de calquera Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.2.3. Os aspirantes deberán ser persoal laboral fixo da Administración da Xunta de Galicia e pertencer, o día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, a algunha das categorías integradas nos grupos I, II ou III do IV convenio colectivo único e posuír,

alomenos, dous anos de antigüidade na categoría desde a que se accede mediante o seu nomeamento como persoal laboral fixo, así como posuí-los requisitos requiridos para o acceso á categoría á que se opta.

Os traballadores fixos que á entrada en vigor do primeiro convenio único prestasen servicios na Xunta de Galicia e participen no presente concurso-oposición por esta quenda deberán posuír a titulación que se require nas bases da convocatoria e a súa promoción poderase levar a cabo con independencia da pertenza ou non ós grupos inmediatos superior ou inferior.

Poderanse presentar por promoción interna nesta convocatoria os laborais das categorías do grupo IV que se relacionan no anexo, que posúan a titulación e demais requisitos que sinalan as normas e as presentes bases.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. Os que desexen tomar parte no presente proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia (anexo II) que será facilitada nas dependencias da Administración da Xunta de Galicia ás que se fai referencia na base I.3.2. Xunto coa instancia presentarase a seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI ou pasaporte.

b) Xustificante de ter aboados os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto no artigo 32 da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, polo que se modifica a contía das taxas establecidas no Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, como requisito necesario para participar neste proceso, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 31 euros e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para iso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo IV. O dito impreso seralles facilitado ós interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, debendo cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo V. Estarán exentos do pagamento da taxa por dereito de inscrición os que posúan unha discapacidade igual ou superior ó 33%, circunstancia que deberá ser acreditada

documentalmente xunto coa instancia, presentando orixinal ou copia cotexada da cualificación da minusvalidez.

A non presentación deste anexo, no que figurará o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste anexo suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude. (Anexo II).

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolveráselles, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten.

c) Documento xustificativo de estar en posesión do título do curso de perfeccionamento de galego, ou equivalente debidamente homologado pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, para os efectos da exención prevista no terceiro exercicio.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia e oficinas de correos nas condicións a que se refire o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais, a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e dirixiranse á directora xeral da función pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Para calquera aclaración ou información adicional os interesados poderán poñerse en contacto telefónico, no número 902 12 00 12, de 9.00 a 19.00 horas de luns a venres e de 9.00 a 14.00 os sábados.

I.3.3. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na solicitude. Así mesmo, deberán solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria. Todo iso conforme o contido do disposto na Lei 13/1982, do 7 de abril e o artigo 3º do Decreto 183/2003, do 13 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de persoal laboral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003. Tales aspirantes terán que declarar expresamente nas solicitudes que posúen a condición de discapacidade anteriormente citada, especificando o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, a directora xeral da Función Pública dictará resolución, que se publicará no DOG así como oportunamente nos lugares determinados pola normativa vixente e na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión e a indicación do lugar no que se atopan expostas as listas de admitidos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número do documento nacional de identidade.

I.4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivase a exclusión.

Para tal efecto a estimación, ou desestimación destas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a lista definitiva.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a presente orde. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de supera-lo proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puideran derivar da súa participación neste procedemento.

II. Concurso-oposición.

O procedemento de selección será o de concurso-oposición.

II.1. Fase de concurso.

II.1.1. Experiencia profesional.

a) Por servicios prestados na categoría á que se opta no ámbito do Convenio único da Xunta de Galicia: 0,05 puntos/mes: no caso de ter mudado de denomi

nación a devandita categoría e se nesta outra se manteñen as mesmas funcións, terase en conta o tempo de servicios prestados, de se-lo caso, desde a categoría que mudou de nome.

b) Por servicios prestados correspondentes a outras categorías no ámbito do convenio único da Xunta de Galicia, ou ben por servicios prestados no réxime especial agrario na Xunta de Galicia: 0,02 puntos/mes.

c) Por servicios prestados, como laboral, na categoría á que se opta no Sergas e noutras administracións públicas: 0,02 puntos/mes.

d) Por servicios prestados, como laboral, noutras categorías no Sergas e noutras administracións públicas: 0,01 puntos/mes.

A puntuación máxima acadable neste punto II.1.1 será de 7,50 puntos.

II.1.2. Formación profesional.

A) Por cada curso directamente relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta como persoal laboral fixo do grupo II realizados nas administracións públicas, escolas da Administración pública, universidades, Inem, así coma os cursos homologados e con informe favorable da comisión da formación continua da Comunidade Autónoma de Galicia:

-Ata as primeiras 25 horas: 0,1 puntos.

-Por cada hora que exceda ese nº: 0,01 puntos por hora.

Se non se acredita a duración entenderase de ata 25 horas.

B) Así mesmo, puntuaranse os cursos de idiomas estranxeiros comunitarios organizados e impartidos directamente polos organismos anteriormente indicados na letra A).

A valoración dos cursos farase de acordo cos seguintes criterios:

a) Por cada curso igual ou superior a 6 horas lectivas e ata 40 horas lectivas: 0,15 puntos.

b) Por cada curso superior a 40 horas lectivas e igual ou superior a 75: 0,30 puntos.

c) Por cada curso superior a 75 horas lectivas: 0,45 puntos.

Non se puntuarán os cursos que non acrediten as horas de duración.

Valoraranse os cursos de idiomas extranxeiros comunitarios, organizados e impartidos directamente polo instituto de idiomas ou escolas oficiais de idiomas (enténdese por curso o ano superado) puntuándose de conformidade co disposto no epígrafe c).

A puntuación máxima do epígrafe B) será de 2 puntos.

A puntuación máxima total acadable nos puntos II.1.2 A e no II.1.2 B será de 7,50 puntos.

Non se valorarán os diplomas relativos á realización de xornadas, seminarios, simposios e similares.

II.1.3. A puntuación obtida na fase de concurso non poderá supera-los 15 puntos, sumados os epígrafes II.1.1 e II.1.2.

II.1.4. Para supostos de empate nas puntuacións finais dos aspirantes, aquel dirimirase a favor do aspirante que obtivera a puntuación máis alta no primeiro exercicio, e se iso non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que aquel se dirima. De persisti-lo empate resolverase acudindo á puntuación obtida na fase de concurso e atendendo á orde dos méritos segundo figura na base II.1.1.

II.1.5. Os méritos enumerados nas bases II.1.1 e II.1.2 deberán referirse á data da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os méritos, requisitos e datos imprescindibles a que se refiren os apartados anteriores, deberán acreditarse mediante certificado, segundo o modelo que figura como anexo III a esta orde, que deberá ser expedido por:

-Servicios centrais:

-Secretario xeral, subdirector xeral ou xefes de servicio que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral da última consellería onde prestou ou estea a prestar servicios, ou dos seus organismos autónomos.

-Servicios periféricos:

-Secretarios/as ou, de se-lo caso, funcionario/a responsable da área de persoal das delegacións/direccións territoriais, provinciais ou comarcais da última consellería onde prestou ou estea a prestar servicios, ou dos seus organismos autónomos.

-Outras administracións públicas ou empresas privadas:

-O responsable de persoal respectivo.

Ó certificado xuntarase a documentación acreditativa dos méritos nel reflectidos, que no caso de tratarse de servicios prestados noutras administracións públicas (agás Sergas) e/ou na empresa privada deberá xuntarse copia cotexada dos contratos orixinarios xunto con informe de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social. No caso de servicios prestados na Xunta de Galicia ou no Sergas poderase presentar, ademais do establecido no parágrafo anterior, un certificado de servicios prestados onde veña especificado o grupo, categoría, tipo de persoal e os períodos, con data de inicio e remate do contrato, nos que estivo traballando o aspirante.

Non se terán en conta as certificacións que non se axusten ó establecido nos puntos anteriores.

En calquera dos casos será necesario achegar xunto coa certificación a documentación acreditativa dos méritos reflectidos nela. Tódalas follas de documentación que se acheguen deberán vir numeradas correlativamente.

II.1.6. Desde a data de anuncio de publicación no DOG das notas do segundo exercicio da fase da oposición, os aspirantes disporán dun prazo de 20 días naturais para presenta-la documentación relativa á fase de concurso.

As puntuacións obtidas na fase de concurso faranse públicas con posterioridade á publicación das cualificacións do último exercicio da fase de oposición.

II.2. Fase de oposición:

Os programas que han de rexe-las probas selectivas son os que figuran como anexo da presente orde.

II.2.1. Exercicios:

a) Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá en contestar por escrito a un grupo de 75 preguntas tipo test con respostas alternativas propostas polo tribunal, que será o resultante do sorteo entre dous cuestionarios elaborados previamente por aquel, e relativos ó contido da parte específica do programa correspondente a cada categoría. No devandito test poderán poñerse ata tres preguntas máis de reserva para o caso de que se anule algunha das mencionadas anteriormente.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será de dúas horas.

Cando remate o exercicio cada opositor poderá obter copia del.

No prazo das 24 horas seguintes ó da realización farase público, no lugar onde se realice o exercicio, o modelo coas respostas correctas do test.

Cualificarase de 0 a 25 puntos, sendo preciso para superalo obter como mínimo o 50% da puntuación máxima posible. Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas descontarase unha correcta; non se valorarán as preguntas non contestadas.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a totalidade dos exercicios.

b) Segundo exercicio, de carácter eliminatorio, consistirá:

b.1. Na resolución de dous supostos prácticos con preguntas tipo test con respostas alternativas, relacionados coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría ou

b.2. Nunha proba práctica relacionada coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría.

As modalidades b.1 ou b.2 aplicaranse para cada categoría segundo o fixado no anexo I.

Para a realización deste exercicio disporase dun tempo máximo de catro (3) horas para os supostos prácticos ou, no caso de proba práctica, o sinalado no anexo I.

O exercicio cualificarase de 0 a 25 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 12,5 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixido para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

d) Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio cualificarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obte-la cualificación de apto, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-lo resultado de apto.

Os resultados publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

Estarán exentos da realización do terceiro exercicio os aspirantes que teñan acreditado xunto coa solicitude a posesión do curso de perfeccionamento de galego.

II.2.1.1. O anuncio de exposición da puntuación dos exercicios publicarase no DOG.

II.2.2. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis nº 2 e goma de borrar para a realización dos exercicios tipo test.

II.2.3. Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a dos opositores, membros do tribunal e os colaboradores designados por este.

II.2.4. A orde de puntuación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa suma da puntuación obtida na fase de concurso e na da oposición, non podendo supera-lo proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas.

II.2.5. Os aspirantes que ingresen polo sistema de promoción interna, en virtude do disposto no artigo 12.2º 4) do IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema de acceso libre para cubri-las vacantes correspondentes.

II.3. Desenvolvemento dos exercicios.

II.3.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra C, de conformidade co establecido na resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de marzo de 2003 pola que se publica o resultado do sorteo que se refire ó Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, (DOG nº 52, do 14 de marzo).

II.3.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acredita-la súa personalidade.

II.3.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza.

II.3.4. O anuncio de realización do segundo e restantes exercicios será efectuado polo tribunal no DOG, nos locais onde se realizara o exercicio inmediatamente anterior, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente, para facilita-la súa máxima divulgación, con corenta e oito horas, alomenos, de antelación á sinalada para a súa iniciación. Cando se trate de distintas fases do mesmo exercicio, o anuncio será publicado nos locais onde se realizase, e nalgún outro medio se se xulga conveniente con doce horas, alomenos, de antelación.

II.3.5. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivera coñecemento de que algún aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia do interesado, deberá acorda-la súa exclusión, se procede.

Contra tal acordo poderá interpoñerse recurso de alzada conforme o previsto no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III. Tribunais.

III.1. Os tribunais cualificadores destas probas serán designados por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, de acordo co previsto no artigo 11 do IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

A composición e requisitos dos membros dos tribunais será a prevista no artigo 11 do IV convenio colectivo único.

III.2. Ademais dos tribunais que se designen na orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, poderán nomearse máis tribunais para xulga-las probas, por proposta do tribunal número 1, cando polo número de aspirantes isto fose necesario.

Con anterioridade á iniciación das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no DOG resolución pola que se nomeen os novos tribunais, se é o caso.

III.3. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándollo á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente na sesión de constitución do tribunal solicitará dos membros do tribunal declaración expresa de non encontrarse incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas na presente base.

III.4. Con anterioridade á iniciación das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no DOG resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base III.3.

III.5. Logo da convocatoria do presidente do tribunal número 1, constituiranse os tribunais en sesión conxunta. Tal constitución entenderase válida con que asistan a ela a maioría dos membros de cada tribunal.

A realización da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de trinta días a partir da designación dos tribunais e mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

Na dita sesión, os tribunais, baixo a dirección e coordinación do tribunal número 1, adoptarán tódalas decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

Especialmente cando as circunstancias así o aconsellen, os tribunais poderán acordar que a realización do exercicio nº 1 da fase de oposición tería lugar simultaneamente en varias localidades.

III.6. A partir da sesión de constitución, cada tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes.

III.7. O procedemento de actuación dos tribunais axustarase en todo momento ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III.8. A cada tribunal corresponderalle xulgar un número determinado de aspirantes que estarán comprendidos entre as letras do abecedario correspondentes ós seus apelidos.

III.9. Por cada sesión do tribunal levantarase acta que se autorizará coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

III.10. Cada tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que coide pertinente, limitándose estes asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comunicárselle á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

III.11. Os tribunais cualificadores poderán adopta-las medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que os aspirantes con discapacidade, sen que se vulnere o principio de igualdade, gocen de similares condicións para a realización dos exercicios có resto dos demais participantes. Neste sentido poderanse establecer, para as persoas con discapacidades que o solicitan na forma prevista na base I.3.3., as adaptacións posibles para a súa realización.

Se na súa realización se lle suscitasen dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polo persoal da categoría á que opta, poderán solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.

III.12. O primeiro exercicio da fase de oposición realizarase no prazo máximo de 40 días desde a constitución do tribunal. Os seguintes exercicios realizaranse nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de 40 días.

III.13. O presidente de cada tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición que se realicen en forma escrita sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados.

Os tribunais excluirán aqueles candidatos con exercicios nos que figuren marcas ou signos que permitan coñece-la identidade do opositor.

III.14. Os tribunais que actúen nestas probas selectivas terán a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

III.15. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes que o de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

III.16. No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, aquel resolverase a favor do aspirante que obtivera a puntuación máis alta no primeiro exercicio, e se iso non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que aquel se dirima. De continuar, resolverase acudindo á puntuación obtida na fase de concurso e atendendo á orde dos méritos segundo figura na base II.1.1 e na base II.1.2 respectivamente. De continuar resolverase por orde alfabética iniciándose pola letra establecida na resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de marzo de 2003 pola que se publica o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autonoma de Galicia para o ano 2003 (DOG nº 52, do 14 de marzo).

III.17. As comunicacións que formulen os aspirantes ós tribunais dirixiranse á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano. Santiago de Compostela).

IV. Lista de aprobados.

Rematado o proceso selectivo, o presidente do tribunal enviará proposta de aprobados ó órgano convocante, tal e como dispón o artigo 12 do IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Con carácter excepcional poderase renunciar á participación no proceso selectivo ata a data en que o tribunal eleve a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

V. Presentación de documentos e nomeamento.

V.1. Por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública elevarase a definitiva a proposta dos tribunais de aspirantes que superaron o proceso selectivo, publicándose no DOG, e a partir da dita publicación computarase o prazo de 20 días para que os ditos aspirantes presenten na Dirección Xeral da Función Pública os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título esixido na base I.2, e anexo I ou certificación académica que acredite ter realizado tódolos estudios para a obtención do título, ou se é o caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do correspondente título académico.

b) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

c) Os aspirantes con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33% deberán acreditar tal condición, se obtiveran praza, mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e, se é o caso, da Administración correspondente.

A Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública requirirá, respecto das persoas que acceden por esta cota de reserva, dictame do órgano competente sobre a compatibilidade do candidato coas funcións propias da categoría á que accede.

V.2. Os que dentro do prazo fixado e salvo os casos de forza maior, libremente apreciada pola Dirección Xeral da Función Pública, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducira que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2., non poderán ser nomeados persoal laboral e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

V.3. Rematado o proceso selectivo e unha vez cumpridos os requisitos esixidos con anterioridade, os que os superasen serán nomeados persoal laboral da Xunta de Galicia na categoría que corresponda mediante resolución do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, que se publicará no DOG, de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo.

V.4. De acordo co disposto no artigo 12.2º 3) do IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, na resolución pola que se publique

a proposta definitiva de aprobados poderán incluírse os postos vacantes que se lles oferten, con indicación dos requisitos para o seu desempeño.

VI. Norma derradeira.

Contra a presente convocatoria, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer reclamación previa á vía xudicial laboral no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, conforme os artigos 69 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Os actos administrativos que deriven desta convocatoria e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, a Administración poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal conforme ó previsto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO I

GrupoCategoríaVacantes2º exercicioTitulación académica requirida

II003. Estimulador/a psicomotricista1Suposto práctico.Diplomado en fisioterapia ou 1º ciclo de pedagoxía ou psicoloxía.

011. Fisioterapeuta5Suposto práctico.Diplomado en fisioterapia.

020. Terapeuta ocupacional2Suposto práctico.Diplomado en terapia ocupacional.

021. Monitor/a ocupacional1Suposto práctico.Mestre ou 1º ciclo de pedagoxía ou psicoloxía. Diplomado en educación social.

033. Profesor/a de danza clásica1Proba práctica:

1. Interpretación dun baile ou danza libre acompañado de música gravada nunha cinta entregada polo aspirante. Tempo 10'.

2. Desenvolvemento dunha clase con alumnos principiantes.

3. Desenvolvemento dunha clase con alumnos avanzados. Tempo 15'.

4. Preguntas sobre as clases e prevención de danos na fisioloxía e musculatura dos bailaríns. Tempo 10'.

Diplomado universitario e seis (6) cursos da Escola Superior de Danza.

035. Pianista1Proba práctica:

1. Realización dun repente a proposta do tribunal. Tempo 10'.

2.Simulacro dunha clase con profesor e alumnos. Tempo 15'.

Profesor de piano (titulado medio).

040. Mestre/a especialista en edu- cación infantil3Suposto práctico.a) Mestre especialista en educación infantil, profesor de EXB especialista en educación preescolar ou

b) Mestres ou profesores de EXB co título de especialista universitario en educación infantil expedido pola UNED (BOE do 23-1-1996).

ANEXO II

NOTA: úsese o modelo publicado na páxina 14.908.

ANEXO IV

NOTA: úsese o modelo publicado na páxina 14.910.

ANEXO V

Parte específica:

Grupo II-categoría 003 (estimulador/a//psicomotricista).

Tema 1. Concepto de psicomotricidade. Distintas teorías psicomotrices da educación e da reeducación da terapia psicomotriz. Orixes desas teorías.

Tema 2. Os campos da intervención da psicomotricidade: sanidade, servicios sociais e educación.

Tema 3. A psicomotricidade en grupo. A psicomotricidade relacional.

Tema 4. A evolución do desenvolvemento psicomotor: diferentes etapas segundo os distintos autores.

Tema 5. As conductas motrices de base: coordinación dinámica xeral e coordinación óculo-manual. Equilibrio. Control postural e segmentario do propio corpo. Ton.

Tema 6. As conductas neuro-motrices. A lateralidade e os seus trastornos.

Tema 7. As conductas perceptivo-motrices: organización perceptiva. Estructuración espacial. Estructuración temporal.

Tema 8. O balance psicomotor. Tests específicos. O perfil psicomotor. As escalas de desenvolvemento.

Tema 9. Esquema corporal: a súa organización. Educación do esquema corporal.

Tema 10. A motricidade na terceira idade. A intervención psicomotriz na terceira idade.

Tema 11. Psicomotricidade e relaxación. Distintas técnicas de relaxación: Shultz, Jacobson e outros autores. Control da respiración.

Tema 12. Ritmo e motricidade. Debuxo, música e danza como orientacións terapéuticas. Grafomotricidade.

Tema 13. A estimulación temperá. Concepto. Bases científicas. Prevención das capacidades.

Tema 14. Os sistemas neurobiolóxicos que controlan a psicomotricidade. Sistema piramidal, extrapiramidal e cerebeloso.

Tema 15. Concepto e desenvolvemento da afectividade. Inadaptacións de orixe psicoafectiva. Modos de intervención psicomotriz.

Tema 16. Concepto de hiperactividade. Disfunción cerebral mínima. Modos de intervención psicomotriz.

Tema 17. Concepto e clases de deficiencia mental. Modos de intervencións psicomotriz.

Tema 18. Concepto de psicose e outras alteracións do desenvolvemento. Modos de intervención psicomotriz.

Tema 19. Concepto. As discapacidades motóricas. Especial referencia á parálise cerebral infantil. Modos de intervención psicomotriz.

Tema 20. Concepto das deficiencias visuais. Modos de intervención psicomotriz.

Tema 21. Concepto das deficiencias auditivas. Modos de intervención psicomotriz.

Tema 22. Concepto dos trastornos psicomotores. Modos de intervención psicomotriz.

Tema 23. Trastornos da aprendizaxe escolar. Disgrafía, dislexia e discalculia. Modos de intervención psicomotriz.

Tema 24. A intervención psicomotriz nos enfermos psiquiátricos.

Tema 25. O xogo como terapia psicomotriz. As etapas do xogo.

Grupo II-categoría: 011 (Fisioterapeuta).

Tema 1. Anatomía funcional do aparello locomotor. Orixe, inserción, acción e inervación dos distintos músculos ou grupo musculares. Probas manuais da súa valoración analítica.

Tema 2. Biomecánica articular: membro superior, inferior e raque. Avaliación clínica do movemento articular.

Tema 3. Anatomía e fisioloxía da función neuromuscular.

Tema 4. Composición, estructura e metabolismo óseo. Efectos da inactividade e do esforzo sobre o óso. Osteoporose.

Tema 5. Masoterapia: técnicas básicas da masaxe. Fisioloxía. Indicacións e contraindicacións.

Tema 6. Masoterapia: técnicas específicas da masaxe. Masaxe transversal profunda. Drenaxe linfática manual. Masaxe do tecido conxuntivo reflexo.

Tema 7. Terapia manual articulatoria. Fisioloxía. Indicacións e contraindicacións da mobilización articular.

Tema 8. Poleoterapia.

Tema 9. Electroterapia. Características. Efectos e sistemas de aplicación das correntes de baixa, media e alta frecuencia. Indicacións e contraindicacións da electroterapia nos procesos clínicos xeriátricos.

Tema 10. Técnica de facilitación neuro-muscular propioceptiva. Método Kabat.

Tema 11. Hidro-balneoterapia. Propiedades físicas da auga. Efectos fisiolóxicos e terapéuticos da hidroterapia. Equipos de tratamento hidroterápico. Indicacións e contraindicacións.

Tema 12. Reumatismos crónicos dexenerativos do ancián: reumatismos articulares. Artrose (coxartrose, gonartrose, espondiloartrose). Concepto, etiopatoxenia. Clínica e tratramento fisioterápico. Reumatismos non articulares. Periartrite, neurite e neuralxia. Concepto, etiopatoxenia. Clínica e tratamento fisioterápico.

Tema 13. Valoración do enfermo reumático. Síntomas e signos articulares e extraarticulares. Inspección, palpación e valoración funcional da columna vertebral. Membros superiores e inferiores. Xeneralidades sobre probas de exploración complementarias.

Tema 14. Hixiene postural e economía articular nas afectacións reumáticas da columna vertebral e articulacións periféricas.

Tema 15. Adaptación e axudas técnicas de uso común nas actividades da vida diaria do ancián.

Tema 16. Lesións traumatolóxicas máis frecuentes na terceira idade. Enfoque fisioterápico do tratamento das súas secuelas e complicacións.

Tema 17. Fisioterapia das substitucións articulares. Artroplastia de cadeira e xeonllo.

Tema 18. Aspectos xerais e preventivos dos procesos invalidantes: efecto dos exercicios e actividades ximnásticas como terapia física recuperadora e profiláctica no departamento de fisioterapia dunha residencia de anciáns.

Tema 19. Secuelas do encamamento, úlceras por decúbito: factores de risco. Profilaxe. Tratamento fisioterápico.

Tema 20. Fisioterapia respiratoria. Anatomía, fisioloxía e valoración do aparello respiratorio e a súa función. Técnicas de tratamento fisioterápico das súas patoloxías propias.

Tema 21. Fisioterapia das secuelas funcionais dos accidentes cerebrovasculares agudos. Técnicas de Bobath.

Tema 22. Tratamento recuperador funcional da enfermidade de Parkinson e da esclerose múltiple.

Tema 23. Enfermidade tromboembólica venosa e arteriopatías periféricas. Fisioterapia do amputado no nivel de membros inferiores.

Tema 24. Incontinencia urinaria do ancián e a súa fisioterapia.

Tema 25. Esquema funcional e organizativo da sala de fisioterapia adaptado a un centro de asistencia xeriátrica.

Grupo II-categoría: 020 (Terapeuta ocupacional).

Tema 1. Asistencia xeriátrica e servicios sociais comunitarios.

Tema 2. Os servicios sociais para a terceira idade dende a Xunta de Galicia.

Tema 3. Terapia ocupacional e actividades da vida diaria.

Tema 4. O terapeuta ocupacional e a valoración do paciente.

Tema 5. A programación e planificación do terapeuta.

Tema 6. Terapia ocupacional en xeriatría.

Tema 7. Rehabilitación en xeriatría. Aspectos xerais.

Tema 8. Síndrome invalidante: AVC. A hemiplexia.

Tema 9. Síndrome extrapiramidal. Parkinson.

Tema 10. A columna do ancián.

Tema 11. Periartrite escápulo-humeral. Tratamento.

Tema 12. Artrite reumatoide.

Tema 13. Rehabilitación das osteoartroses dexenerativas no ancián.

Tema 14. Síndromes traumáticas máis frecuentes no ancián. Membro superior. Membro inferior. Columna.

Tema 15. Rehabilitación do amputado xeriátrico.

Tema 16. Rehabilitación do pé xeriátrico.

Tema 17. As osteoporoses. Rehabilitación.

Tema 18. Prevención de deformidades. Cambios posturais.

Tema 19. Prevención das úlceras por decúbito.

Tema 20. A demencia senil.

Tema 21. Terapia social para as demencias na vellez.

Tema 22. Os trastornos depresivos en xeriatría. Angustia e ansiedade.

Tema 23. Alimentación e nutrición no ancián.

Tema 24. Locais asistenciais e residenciais para anciáns.

Tema 25. Actividades lúdicas e recreativas. Ocio e tempo libre.

Grupo II-categoría: 021 (Monitor/a ocupacional).

Tema 1. Minusvalidez física, psíquica e sensorial. Concepto e importancia social.

Tema 2. Principio de normalización e a súa aplicación a minusválidos.

Tema 3. Oligofrenias. Concepto e clasificación. Descrición das principais.

Tema 4. Pedagoxía terapéutica e oligofrenias.

Tema 5. Habilidades básicas: obxectivos. Técnicas de implantación.

Tema 6. Habilidades sociais: definición. Módulos. Adestramento.

Tema 7. Avaliación de habilidades sociais.

Tema 8. A aprendizaxe estructurada: técnicas. Aplicación e programas para centros de atención a minusválidos.

Tema 9. O traballo en grupo: aplicación metodolóxica e desenvolvemento con minusválidos.

Tema 10. Principios básicos para a integración de minusválidos.

Tema 11. Técnicas de expresión: expresión oral. Expresión plástica.

Tema 12. Outras técnicas de aprendizaxe. A súa aplicación a programas para centros de atención a minusválidos.

Tema 13. A laborterapia: un mecanismo de integración.

Tema 14. A integración ocupacional: concepto, natureza, técnicas.

Tema 15. Programas de ocio e tempo libre.

Tema 16. Programación de programas: concepto. Indicadores.

Tema 17. Programa de desenvolvemento individual. Currículo. Planificación. Características.

Tema 18. Conducción e animación de grupos.

Tema 19. Motivación e aprendizaxe.

Tema 20. Problemática específica de persoas con minusvalidez.

Tema 21. Desenvolvemento emocional e social do minusválido: etapas, características, o seu tratamento.

Tema 22. Educación non formal. Aplicación a persoas con minusvalidez.

Tema 23. Funcións sociais dos centros ocupacionais.

Tema 24. Técnicas de modificación de conductas.

Tema 25. Prevención de minusvalidez. Un modelo de tratamento.

Grupo II-categoría: 033 (Profesor/a de danza clásica).

Tema 1. Norma regulamentaria do IGAEM: Lei 4/1989, do 21 de abril (DOG do 9 de maio), pola que se crea o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, modificada pola Lei 2/1991, do 14 de xaneiro, (DOG do 25 de xaneiro). Decreto 107/1993, do 12 de maio, de desenvolvemento da Lei 4/1989.

Tema 2. Organización e funcionamento interno das unidades de producción do IGAEM: Centro Dramático Galego, Ballet Galego Rey de Viana e a Escola de Altos Estudios Musicais. O Grupo de Música Tradicional do IGAEM e o Centro de Documentación das Artes Escénicas e Musicais de Galicia.

Tema 3. Orixes e evolución do Ballet Galego Rey de Viana.

Tema 4. Os medios materiais e humanos de xestión, producción e distribución do IGAEM: o seu orzamento. Os seus recursos humanos.

Tema 5. Área teatral. O teatro público e privado.

Tema 6. Programa de axudas do IGAEM. Producción e coproduccións asociadas ó IGAEM. Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Tema 7. Área musical pública e privada en Galicia: presente, pasado e futuro.

Tema 8. A formación nas artes escénicas: teatro, música e danza.

Tema 9. Área de danza pública e privada en Galicia: presente, pasado e futuro. A danza clásica no ensino galego. Posibles unidades didácticas e representacións dirixidas ós alumnos.

Tema 10. Os centros de documentación de teatro, música e danza: concepto e funcións.

Tema 11. Os artistas e a súa protección legal. Modalidades de contratación temporal no contrato do artista: temporada, bolos e funcións de cámara. A dilixencia laboral esixible ó artista. O dereito de ocupación efectiva do artista. O pacto de plena dedicación.

Tema 12. R.D. 1435/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral especial dos artistas en espectáculos públicos. Concepto legal de organizador de espectáculos públicos ou empresario. Límites á capacidade para traballar como artista por razón de idade. Axentes mediadores entre empresario e artista. Contrato especial de artistas: a xornada laboral; os horarios, horas extraordinarias e permisos; o descanso semanal e os días festivos; as vacacións.

Tema 13. O traballo dos estranxeiros en España: permiso de traballo. Solicitude. Situacións exceptuadas do permiso de traballo. Tipos de permiso de traballo. Libre circulación dos traballadores comunitarios. Dereitos dos traballadores comunitarios. Tarxeta de residencia. Documentación necesaria para obte-la tarxeta de residencia.

Tema 14. A organización dos espectáculos segundo o R.D. 2816/1982 que aproba o Regulamento de policía de espectáculos públicos. Competencias da Xunta de Galicia.

Tema 15. Os espacios culturais en Galicia: pasado, presente e futuro. Mapa galego de mostras e festivais. Premios.

Tema 16. Xéneros ou denominativos na música tradicional galega.

Tema 17. Proceso de creación artística na danza clásica. Fases.

Tema 18. A xestión escénica: producción, estimación de custo das montaxes, ingresos.

Tema 19. O espacio escénico: elementos, conservación e almacenaxe provisional de elementos escénicos. Transporte e almacenaxe definitiva.

Tema 20. A distribución do espectáculo: xiras, organización de viaxes, programación.

Tema 21. O patrocinio ou esponsorización, o mecenado, a filantropía e a organización de premios públicos desde un departamento de comunicación. A publicidade exterior. Publicidade directa. A publicidade nos puntos de venda. Outros medios publicitarios. A realización da mensaxe publicitaria en medios impresos e no medio exterior.

Tema 22. Sistema pedagóxico aplicado á danza.

Tema 23. Estructura dunha clase de iniciación na danza clásica adaptada para o Ballet Galego Rey de Viana.

Tema 24. Estructura dunha clase de danza clásica avanzada adaptada para o Ballet Galego Rey de Viana.

Tema 25. Coñecemento coreográfico do repertorio do Ballet Galego Rey de Viana desde a perspectiva de danza clásica.

Grupo II-categoría: 035 (Pianista).

Tema 1. Norma regulamentaria do IGAEM: Lei 4/1989, do 21 de abril (DOG do 9 de maio), pola que se crea o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, modificada pola Lei 2/1991, do 14 de xaneiro, (DOG do 25 de xaneiro). Decreto 107/1993, do 12 de maio, de desenvolvemento da Lei 4/1989.

Tema 2. Organización e funcionamento interno das unidades de producción do IGAEM: Centro Dramático Galego, Ballet Galego Rey de Viana e a Escola de Altos Estudios Musicais. O Grupo de Música Tradicional do IGAEM e o Centro de Documentación das Artes Escénicas e Musicais de Galicia.

Tema 3. Orixes e evolución do Ballet Galego Rey de Viana.

Tema 4. Os medios materiais e humanos de xestión, producción e distribución do IGAEM: o seu orzamento. Os seus recursos humanos.

Tema 5. Área teatral. O teatro público e privado.

Tema 6. Programa de axudas do IGAEM. Producción e coproduccións asociadas ó IGAEM. Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Tema 7. Área musical pública e privada en Galicia: presente, pasado e futuro.

Tema 8. Área de danza pública e privada en Galicia: presente, pasado e futuro. A danza clásica no ensino galego. Posibles unidades didácticas e representacións dirixidas ós alumnos.

Tema 9. Os centros de documentación de teatro, música e danza: concepto e funcións.

Tema 10. Os artistas e a súa protección legal. Modalidades de contratación temporal no contrato do artista: temporada, bolos e funcións de cámara. A dilixencia laboral esixible ó artista. O dereito de ocupación efectiva do artista. O pacto de plena dedicación.

Tema 11. R.D. 1435/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral especial dos artistas en espectáculos públicos. Concepto legal de organizador de espectáculos públicos ou empresario. Límites á capacidade para traballar como artista por razón de idade. Axentes mediadores entre empresario e artista. Contrato especial de artistas: a xornada laboral; os horarios, horas extraordinarias e permisos; o descanso semanal e os días festivos; as vacacións.

Tema 12. A organización dos espectáculos segundo o R.D. 2816/1982 que aproba o Regulamento de policía de espectáculos públicos. Competencias da Xunta de Galicia.

Tema 13. Os espacios culturais en Galicia: pasado, presente e futuro. Mapa de mostras e festivais en Galicia. Premios.

Tema 14. O espacio escénico: elementos, conservación e almacenaxe provisional de elementos escénicos. Transporte e almacenaxe definitiva.

Tema 15. A distribución do espectáculo: xiras, organización de viaxes, programación.

Tema 16. Proceso de execución musical aplicada á danza. Fases.

Tema 17. Danzas folclóricas galegas máis representativas. Os seus diferentes ritmos e os seus caracteres.

Tema 18. A música e a danza galegas como unha soa disciplina. Aspectos rítmicos, melódicos e expresivos comúns.

Tema 19. Xéneros ou denominativos característicos na música tradicional galega.

Tema 20. A formación na música e na danza. A música no ensino galego. Liñas de actuación dirixidas ós alumnos.

Tema 21. Estructura dunha clase de iniciación na danza, desde o eido da música, adaptada para o Ballet Galego Rey de Viana.

Tema 22. Estructura dunha clase de danza avanzada, desde o eido da música, adaptada para o Ballet Galego Rey de Viana.

Tema 23. Coñecemento coreográfico, desde o eido da música, do repertorio do Ballet Galego Rey de Viana.

Tema 24. Importancia e responsabilidade do pianista acompañante como colaborador do profesor de danza no Ballet Galego Rey de Viana. A súa misión nas aulas.

Tema 25. Improvisación e lectura a primeira vista. A súa importancia e aplicación práctica no Ballet Galego Rey de Viana.

Grupo II-categoría: 040 (Mestre especialista en educación infantil).

Tema 1. Principais modelos contemporáneos na educación infantil. Modelos psicoanalíticos. Modelos conductistas. Modelos cognitivos. Os postulados de Vygotsky.

Tema 2. Papel, funcións e tarefas do mestre no primeiro ciclo de educación infantil. O mestre como membro do equipo educativo. O mestre como educador. A relación coas familias.

Tema 3. O currículo da educación infantil. A estructura curricular da educación infantil. As áreas curriculares.

Tema 4. Principios de intervención educativa na educación infantil. A aprendizaxe como construcción do coñecemento O enfoque globalizador. A aprendizaxe significativa A aprendizaxe en interacción.

Tema 5. O proxecto educativo e o proxecto curricular. Finalidades e elementos que inclúen. Estratexias para o proceso de elaboración.

Tema 6. A programación no primeiro ciclo de educación infantil. Obxectivos, contidos e propostas metodolóxicas máis axeitadas para este ciclo. As distintas unidades de programación. A continuidade entre o primeiro e o segundo ciclo de educación infantil.

Tema 7. Os temas transversais. A súa presencia no currículo, na toma de decisións do proxecto educativo, do proxecto curricular e nas programacións.

Tema 8. O tratamento da diversidade lingüística na educación infantil. A intervención educativa no caso das linguas en contacto. A fundamentación teórica e a práctica docente.

Tema 9. A organización dos espacios e do tempo no primeiro ciclo de educación infantil. Criterios para unha axeitada distribución e organización espacial e temporal. Ritmos e rutinas cotiás. A avaliación dos espacios e do tempo.

Tema 10. O material didáctico e os materiais curriculares no primeiro ciclo de educación infantil. Selección, utilización e avaliación dos recursos materiais.

Tema 11. A familia como primeiro axente de socialización. A transformación da función educativa da familia ó longo do tempo. A escola infantil como institución socializadora. Relacións entre a familia e o equipo educativo.

Tema 12. O ingreso do neno no centro infantil. O período de adaptación. O papel do adulto no proceso de adaptación ó centro infantil.

Tema 13. A educación infantil dos nenos e nenas con necesidades educativas especiais. A importancia da intervención temperá. A infancia en situación de risco social. As adaptacións curriculares como medida de atención á diversidade na aula.

Tema 14. Características xerais do neno ata os seis anos. Principais factores que interveñen no seu desenvolvemento. Etapas e momentos máis significativos. O desenvolvemento infantil no primeiro ano de vida. O papel dos adultos.

Tema 15. O desenvolvemento físico dos nenos e nenas de ata os seis anos. Factores determinantes do densevolvemento infantil Características principais do crecemento infantil. Parámetros básicos para o seu seguimento.

Tema 16. O desenvolvemento psicomotor dos nenos e nenas ata os seis anos. A psicomotricidade no currículo de educación infantil. A sensación e percepción como fonte de coñecementos. A organización sensorial e perceptiva. A intervención educativa.

Tema 17. O desenvolvemento da personalidade. O desenvolvemento emocional e social nos nenos e nenas de cero a seis anos. A conquista da autonomía persoal. Directrices para unha correcta intervención educativa.

Tema 18. O desenvolvemento cognitivo ata os seis anos. O coñecemento da realidade. A observación e exploración do mundo físico, natural e social. Xénese dos principais conceptos.

Tema 19. O desenvolvemento da linguaxe. Linguaxe e pensamento. Evolución da comprensión e da expresión. A comunicación non verbal. Problemas máis frecuentes na linguaxe infantil.

Tema 20. A educación sexual na etapa infantil. Descubrimento e identificación co propio sexo. A construcción dos roles masculino e feminino. Estratexias para evita-la discriminación de xénero.

Tema 21. Alimentación, nutrición e dietética. Necesidades nutricionais dende o nacemento ata os tres anos. Trastornos e dificultades na comida. A transición na alimentación. O desenvolvemento de hábitos para unha alimentación equilibrada. As horas de comer como momentos educativos.

Tema 22. A adquisición de hábitos de autonomía persoal. O control de esfínteres. A adquisición de hábitos de limpeza e hixiene nos nenos de 0 a 3 anos. O descanso: necesidades e ritmos do sono.

Tema 23. As enfermidades máis frecuentes na infancia. Enfermidades transmisibles. A infección VHI. Os accidentes infantís. O papel do adulto na prevención dos accidentes infantís.

Tema 24. A importancia do xogo no desenvolvemento infantil. O xogo como recurso didáctico. A intervención do educador no xogo infantil.

Tema 25. A expresión corporal. O xesto e o movemento. A expresión corporal como axuda na construcción da identidade e a autonomía persoal. O xogo simbólico e o xogo dramático.

Categorías do grupo IV que se poden presentar, sempre que posúan a titulación e demais requisitos establecidos na convocatoria, ó grupo II por promoción interna:

-Auxiliar de clínica e outros (IV.3):

A Estimulador/a psicomotricista (II.3).

A Fisioterapeuta (II.11).

-Auxiliar de fogar e outros (IV.4):

A Monitor ocupacional (II.21).

A Terapeuta ocupacional (II.20).

A Mestre especialista en educación infantil (II.40).