A Orde do 29 de abril de 2002 (DOG do 15 de maio), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do Programa Sectorial de Tecnoloxías para
a Innovación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria, prevé no seu anexo II, a concesión de axudas correspondentes ó Programa de Tecnoloxías da Alimentación.
Por Resolución do 16 de outubro de 2003 adxudicáronse as axudas correspondentes ó Programa de Tecnoloxías da Alimentación convocadas no anexo II, da Orde do 29 de abril de 2002 (DOG do 15 de maio) e na Orde do 28 de febreiro de 2003 (DOG do 13 de marzo).
A Orde do 28 de febreiro de 2003 (DOG do 13 de marzo) pola que se modifican as bases e se pro
cede á convocatoria para o ano 2003 das axudas correspondentes ó mencionado programa sectorial, establece no seu punto primeiro que os créditos asignados poderán incrementarse en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades deles.
De acordo co Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora entre os seus órganos, as competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento foron asumidas pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.
Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da citada orde de convocatoria e na Orde do 28 de febreiro de 2003 (DOG do 13 de marzo), e, tendo coñecemento e existindo remanentes de crédito, unha vez resoltas tódalas convocatorias dos programas sectoriais correspondentes ó ano 2003, por proposta elaborada pola Comisión de Selección prevista no punto 6 das bases da convocatoria, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro.-Modifica-la distribución da axudas concedidas na Resolución do 16 de outubro de 2003 (DOG do 22 de outubro) ós proxectos de I+D e de innovación tecnolóxica para empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, que se indican no anexo I desta resolución.
Segundo.-Incrementa-la axuda concedida na Resolución do 16 de outubro de 2003 (DOG do 22 de outubro) ó proxecto de I+D e de innovación tecnolóxica para empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, que se indica no anexo II desta resolución.
Terceiro.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.
Cuarto.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Disposición derradeira
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2003.
P.D. (Orde 21-1-2003)
Jesús Vázquez San Luis
Secretario xeral da Consellería de Innovación,
Industria e Comercio
ANEXO I
Distribución inicial das axudas
Aplicación orzamentaria: 08.05.432A.770.0
EXP. SOLICITANTE CÓDIGO APLICACIÓN ORZAMENTARIA TÍTULO DURACIÓN ANO 2003 ANO 2004 ANO 2005 ANO 2006 TOTAL CONCED. PORC. SUBV. TOTAL PROXEC.
LABORATORIOS
33 FRINOVA, S.A. PGIDIT03TAL11E 08.05.432A.770.00 OPTIMIZACIÓN DO PROCESO DE CORTA DE BLOQUES DE PESCADO ULTRACONXELADO. ESTUDIO DE APLICABILIDADE DE DIFERENTES TÉCNICAS DE CORTA ALTERNATIVAS 3 3.500 7.000 12.250 12.250 35.000 52 67.000
16 LEMA Y BANDÍN
PGIDIT03TAL17E 08.05.432A.770.00 DESENVOLVEMENTO DUN PROXECTO PARA A DETERMINACIÓN DE HIDROCARBUROS AROMÁTICOS POLICÍCLICOS EN PRODUCTOS DA PESCA PROCEDENTES DE GALICIA PARA O ASEGURAMENTO DA CALIDADE DESPOIS DO ACCIDENTE DO PRESTIGE 2 4.942 12.185 13.760 0 30.887 51 60.074
22 TANFRESCO, S.L. PGIDIT03TAL24E 08.05.432A.770.00 CALIDADE MICROBIOLÓXICA DE PRODUCTOS PASTEURIZADOS MARIÑOS E CARACTERIZACIÓN DOS SEUS INDICADORES 1 71.674 30.717 0 0 102.391 40 255.763
Nova distribución das axudas
Aplicación orzamentaria: 08.05.432A.770.0
EXP. SOLICITANTE CÓDIGO APLICACIÓN ORZAMENTARIA TÍTULO DURACIÓN ANO 2003 ANO 2004 ANO 2005 ANO 2006 TOTAL CONCED. PORC. SUBV. TOTAL PROXEC.
LABORATORIOS
33 FRINOVA, S.A. PGIDIT03TAL11E 08.05.432A.770.00 OPTIMIZACIÓN DO PROCESO DE CORTA DE BLOQUES DE PESCADO ULTRACONXELADO. ESTUDIO DE APLICABILIDADE DE DIFERENTES TÉCNICAS DE CORTA ALTERNATIVAS 2 9.380 10.413 15.207 0 35.000 52 67.000
16 LEMA Y BANDÍN
PGIDIT03TAL17E 08.05.432A.770.00 DESENVOLVEMENTO DUN PROXECTO PARA A DETERMINACIÓN DE HIDROCARBUROS AROMÁTICOS POLICÍCLICOS EN PRODUCTOS DA PESCA PROCEDENTES DE GALICIA PARA O ASEGURAMENTO DA CALIDADE DESPOIS DO ACCIDENTE DO PRESTIGE 1 10.710 20.177 0 0 30.887 51 60.074
22 TANFRESCO, S.L. PGIDIT03TAL24E 08.05.432A.770.00 CALIDADE MICROBIOLÓXICA DE PRODUCTOS PASTEURIZADOS MARIÑOS E CARACTERIZACIÓN DOS SEUS INDICADORES 2 24.000 25.391 53.000 0 102.391 40 255.763
ANEXO II
Distribución inicial das axudas
EXP. SOLICITANTE CÓDIGO APLICACIÓN ORZAMENTARIA TÍTULO DURACIÓN ANO 2003 ANO 2004 ANO 2005 ANO 2006 TOTAL CONCED. PORC. SUBV. TOTAL PROXEC.
18 LEITE RÍO, S.L. PGIDIT03TAL16E 08.05.432A.770.00 DESENVOLVEMENTO DUNHA GAMA DE PRODUCTOS LÁCTEOS ENRIQUECIDOS EN CALCIO 3 1.222 2.443 4.276 4.275 12.216 23 54.228
Nova distribución da axuda
EXP. SOLICITANTE CÓDIGO APLICACIÓN ORZAMENTARIA TÍTULO DURACIÓN ANO 2003 ANO 2004 ANO 2005 ANO 2006 TOTAL CONCED. PORC. SUBV. TOTAL PROXEC.
18 LEITE RÍO, S.L. PGIDIT03TAL16E 08.05.432A.770.00 DESENVOLVEMENTO DUNHA GAMA DE PRODUCTOS LÁCTEOS ENRIQUECIDOS EN CALCIO 3 16.119 2.443 4.276 4.275 27.113 50 54.228