A Orde do 29 de abril de 2002 (DOG do 15 de maio), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do Programa Sectorial de Tecnoloxías para a Innovación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria, prevé no seu anexo VII a concesión de axudas correspondentes ó Programa de Tecnoloxías de Deseño e Producción Industrial.
Por Resolución do 22 de outubro de 2003 adxudicáronse as axudas correspondentes ó Programa de Tecnoloxías de Deseño e Producción Industrial convocadas no anexo VII da Orde do 29 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 15 de maio) e na Orde do 28 de febreiro de 2003 (DOG do 13 de marzo).
A Orde do 28 de febreiro de 2003 (DOG do 13 de marzo) pola que se modifican as bases e se procede á convocatoria para o ano 2003 das axudas correspondentes ó mencionado programa sectorial, establece no seu punto primeiro que os créditos asignados poderán incrementarse en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades deles.
De acordo co Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora entre os seus órganos, as competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento foron asumidas pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.
Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da citada orde de convocatoria e na Orde do 28 de febreiro de 2003 (DOG do 13 de marzo), e, tendo coñecemento e existindo remanentes de crédito, unha vez resoltas tódalas convocatorias dos programas sectoriais correspondentes ó ano 2003, por proposta elaborada pola comisión de selección prevista no punto 6 das bases da convocatoria, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro.-Incrementa-la axudas concedidas na Resolución do 22 de outubro de 2003 (DOG do 29 de outubro) ós proxectos de I+D e de innovación tecnolóxica para empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, que se indican no anexo I da presente resolución.
Segundo.-Modifica-la distribución da axuda concedida na Resolución do 22 de outubro de 2003 (DOG do 29 de outubro) ó proxecto de I+D e de innovación tecnolóxica para empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, que se indica no anexo II da presente resolución.
Terceiro.-Concede-la axuda para a realización do proxecto de I+D e de innovación tecnolóxica para empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro que se indica no anexo III, ampliando así as axudas concedidas por Resolución do 22 de outubro (DOG do 29 de outubro).
Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.
Quinto.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Disposición derradeira
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2003.
P.D. (Orde 21-1-2003)
Jesús Vázquez San Luis
Secretario xeral da Consellería de Innovación,
Industria e Comercio
ANEXO I
Distribución inicial das axudas
Aplicación orzamentaria: 08.05.432A.770.0
2003 2004
SOLICITANTE CÓDIGO TÍTULO DURACIÓN ANO
ANO
ANO 2005 ANO 2006 TOTAL CONCED. PORC. SUBV. TOTAL PROXEC.
(SUBPROXECTO MOLLERTECH
OURENSE, S.L.)
CENTRO TECNOLÓGICO DE GRUPO COPO, S.L. PGIDIT03DPI014E INVESTIGACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DUN NOVO CONCEPTO DE CONSTRUCCIÓN DE MOLDES PARA ESCUMACIÓN 1 16.721 12.465 0 0 29.186 23 129.498
CONSTRUCCIONES NAVALES P. FREIRE, S.A. PGIDIT03DPI016E SISTEMA PARA A RECOLLIDA DE HIDROCARBUROS NO MAR 3 105.010 129.511 195.318 270.225 700.064 30 2.333.546
DALPHI METAL ESPAÑA, S.A. PGIDIT03DPI023E INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO DE SISTEMAS DE PROTECCIÓN NUN IMPACTO FRONTAL: AIRBAG DE DÚAS PRAZAS 2 33.103 36.747 53.670 0 123.520 34 359.725
DRAKA CABLES INDUSTRIAL, S.A. PGIDIT03DPI032E ANÁLISE DE NECESIDADES E DESENVOLVEMENTO DE ARQUITECTURAS ELÉCTRICAS EFICIENTES EN AUTOMÓBILES ANTE AS NOVAS ESIXENCIAS TÉCNICAS E AMBIENTAIS DO SECTOR DA AUTOMOCIÓN COMO CONSECUENCIA DA IMPLANTACIÓN DA NOVA TECNOLOXÍA DE 42V 3 57.778 47.044 70.948 78.523 254.293 37 689.925
INDUSTRIAS GUERRA, S.A. PGIDIT03DPI070E DESEÑO E FABRICACIÓN DE MÁQUINA PROCESADORA 1 9.021 6.725 0 0 15.746 20 80.555
MOLLERTECH OURENSE, S.L.
PGIDIT03DPI086E MOLDE DE SOBRE-INXECCIÓN CON CORTE TECIDO NO MOLDE 3 3.417 4.214 6.355 8.792 22.778 21 110.020
PEUGEOT CITROËN AUTOMÓVILES ESPAÑA, S.A. PGIDIT03DPI097E INNOVACIÓNS TECNOLÓXICAS APLICADAS A UN PROCESO PRODUCTIVO DUNHA LIÑA DE ESTAMPACIÓN BI-MATERIA 3 94.950 117.105 176.607 244.338 633.000 5 13.339.000
SIDERÚRGICA AÑÓN, S.A. PGIDIT03DPI106E OPTIMIZACIÓN DO PROCESO DE FABRICACIÓN DE BARRAS CORRUGADAS DE ACEIRO SOLDABLE CON CARACTERÍSTICAS DE DUCTIBILIDADE MELLORADAS PARA ARMADURA DE FORMIGÓN, DE CALIDADE B500SD DE ACORDO COA NORMA UNE 36065 EX 2 51.912 57.627 84.164 0 193.703 52 374.374
(1) AS AXUDAS SINALADAS CUN 1 ESTÁN COFINANCIADAS CON FONDOS ADICIONAIS DO PROGRAMA FEDER-MAC INCLUIDOS NO PLAN DE DINAMIZACIÓN DE GALICIA.
(2) AS AXUDAS SINALADAS CUN 2 ESTÁN COFINANCIADAS CON FONDOS DO PROGRAMA FEDER-MAC.
Nova distribución das axudas
Aplicación orzamentaria: 08.05.432A.770.0
2003 2004
SOLICITANTE CÓDIGO TÍTULO ANOS ANO
ANO
ANO 2005 ANO 2006 TOTAL CONCED. PORC. SUBV. TOTAL PROXEC.
(SUBPROXECTO MOLLERTECH
OURENSE, S.L.)
CENTRO TECNOLÓGICO DE GRUPO COPO PGIDIT03DPI014E INVESTIGACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DUN NOVO CONCEPTO DE CONSTRUCCIÓN DE MOLDES PARA ESCUMACIÓN 1 52.284 12.465 0 0 64.749 50 129.498
CONSTRUCCIONES NAVALES P. FREIRE, S.A. PGIDIT03DPI016E SISTEMA PARA A RECOLLIDA DE HIDROCARBUROS NO MAR 3 205.010 129.511 195.318 270.225 800.064 34 2.333.546
DALPHI METAL ESPAÑA, S.A. PGIDIT03DPI023E INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO DE SISTEMAS DE PROTECCIÓN NUN IMPACTO FRONTAL: AIRBAG DE DÚAS PRAZAS 2 89.445 36.747 53.670 0 179.862 50 359.725
DRAKA CABLES INDUSTRIAL, S.A. PGIDIT03DPI032E ANÁLISE DE NECESIDADES E DESENVOLVEMENTO DE ARQUITECTURAS ELÉCTRICAS EFICIENTES EN AUTOMÓBILES ANTE AS NOVAS ESIXENCIAS TÉCNICAS E AMBIENTAIS DO SECTOR DA AUTOMOCIÓN COMO CONSECUENCIA DA IMPLANTACIÓN DA NOVA TECNOLOXÍA DE 42V 3 148.447 47.044 70.948 78.523 344.962 50 689.925
INDUSTRIAS GUERRA, S.A. PGIDIT03DPI070E DESEÑO E FABRICACIÓN DE MÁQUINA PROCESADORA 1 19.178 6.725 0 0 25.903 32 80.555
MOLLERTECH OURENSE, S.L.
PGIDIT03DPI086E MOLDE DE SOBRE-INXECCIÓN CON CORTE TECIDO NO MOLDE 3 35.649 4.214 6.355 8.792 55.010 50 110.020
PEUGEOT CITROËN AUTOMÓVILES ESPAÑA, S.A. PGIDIT03DPI097E INNOVACIÓNS TECNOLÓXICAS APLICADAS A UN PROCESO PRODUCTIVO DUNHA LIÑA DE ESTAMPACIÓN BI-MATERIA 3 194.950 117.105 176.607 244.338 733.000 5 13.339.000
SIDERÚRGICA AÑÓN, S.A. PGIDIT03DPI106E OPTIMIZACIÓN DO PROCESO DE FABRICACIÓN DE BARRAS CORRUGADAS DE ACEIRO SOLDABLE CON CARACTERÍSTICAS DE DUCTIBILIDADE MELLORADAS PARA ARMADURA DE FORMIGÓN, DE CALIDADE B500SD DE ACORDO COA NORMA UNE 36065 EX 2 120.271 57.627 84.164 0 262.062 70 374.374
(1) AS AXUDAS SINALADAS CUN 1 ESTÁN COFINANCIADAS CON FONDOS ADICIONAIS DO PROGRAMA FEDER-MAC INCLUIDOS NO PLAN DE DINAMIZACIÓN DE GALICIA.
(2) AS AXUDAS SINALADAS CUN 2 ESTÁN COFINANCIADAS CON FONDOS DO PROGRAMA FEDER-MAC.
ANEXO II
Distribución inicial da axuda
Aplicación orzamentaria: 08.05.432A.770.0
2003 2004
SOLICITANTE CÓDIGO TÍTULO DURACIÓN ANO
ANO
ANO 2005 ANO 2006 TOTAL CONCED. PORC. SUBV. TOTAL PROXEC.
BIOSEATECH, S.L. PGIDIT03DPI009E SISTEMA MULTIPLEXADOR DE SONDAS PARA MEDICIÓN DE PARÁMETROS DE AUGA 1 40.694 0 0 0 40.694 40 103.000
Nova distribución da axuda
Aplicación orzamentaria: 08.05.432A.770.0
2003 2004
SOLICITANTE CÓDIGO TÍTULO DURACIÓN ANO
ANO
ANO 2005 ANO 2006 TOTAL CONCED. PORC. SUBV. TOTAL PROXEC.
BIOSEATECH, S.L. PGIDIT03DPI009E SISTEMA MULTIPLEXADOR DE SONDAS PARA MEDICIÓN DE PARÁMETROS DE AUGA 1 13.828 26.866 0 0 40.694 40 103.000
ANEXO III
2003 2004
SOLICITANTE CÓDIGO TÍTULO DURACIÓN ANO
ANO
ANO 2005 ANO 2006 TOTAL CONCED. PORC. SUBV. TOTAL PROXEC.
COMPONENTES DE VEHÍCULOS DE GALICIA, S.A. PGIDIT03DPI117E OPTIMIZACIÓN DO PROCESO DE TERMOCONFORMADO DE MOQUETAS E GORNECIDOS PARA VEHÍCULOS DE AUTOMOCIÓN. ESTUDIO DE APLICABILIDADE DE FERRAMENTAS INFORMÁTICAS ORIENTADAS A SIMULACIÓN DO PROCESO DE AUTOCONFORMADO 2 84.000 50.000 47.720 0 181.720 70 259.600
Anualidade 2003: aplicación orzamentaria 08.03.432A.770.0
Anualidades 2004 e 2005: aplicación orzamentaria 08.05.432A.770.0