De acordo co disposto no artigo 3 punto 2º do Decreto 365/1996, do 26 de setembro, polo que se regulan os horarios comerciais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, modificado polo Decreto 98/1998, do 20 de marzo, a Consellería de Innovación, Industria e Comercio fixará anualmente oito domingos e festivos, que se consideraran hábiles para os efectos do exercicio da actividade comercial en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
O Real decreto lei 6/2000, do 23 de xuño, de medidas urxentes de intensificación da competencia en mercados de bens e servicios, establece no seu artigo 43.un.2 que os domingos e festivos nos que os comercios poderán permanecer abertos ó publico serán como mínimo doce no ano 2004.
En aplicación dos citados preceptos, logo de consulta efectuada cos axentes socioeconómicos interesados, e tendo en conta o interese xeral do comercio e dos consumidores, procédese á fixación dos 12 domingos e festivos que, para os efectos do exercicio da actividade comercial, terán a condición de hábiles durante o ano 2004,
DISPOÑO:
Artigo 1º
Os domingos e festivos nos que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ó público cun horario máximo de 12 horas diarias durante o ano 2004 son:
4 de xaneiro.
11 de xaneiro.
8 de abril.
2 de maio.
4 de xullo.
3 de outubro.
1 de novembro.
5 de decembro.
8 de decembro.
12 de decembro.
19 de decembro.
26 de decembro.
Artigo 2º
O disposto no artigo anterior entenderase sen prexuízo das normas xerais que, en materia de hora
rios comerciais, establece o artigo 43 do Real decreto lei 6/2000, e o Decreto 365/1996, do 26 de setembro, no que non se opoña ó citado real decreto lei.
Disposición transitoria
En tanto non se proceda a adapta-lo Decreto 365/1996, do 26 de setembro, polo que se regulan os horarios comerciais na Comunidade Autónoma de Galicia, ó disposto no Real decreto lei 6/2000, os mínimos que fixa o artigo 43.un.2 do citado real decreto lei terán a consideración de límites máximos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2003.
Juan Rodríguez Yuste
Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio