A orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 30 de xullo de 1998 establece a normativa xeral para a realización dos exames para a obtención das titulacións para o goberno de embarcacións de lecer, determinándose que as súas datas de realización serán fixadas pola Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.
Sendo necesario establece-las datas e condicións de inscrición nas convocatorias ordinarias previstas para o 2003, esta dirección, en uso do establecido na Orde do 30 de xullo de 1998 (DOG nº 158, do 17 de agosto de 1998),
RESOLVE:
Primeiro.-Proceder a convocatoria dos exames teóricos ordinarios de xaneiro, abril e outubro de 2004 nas seguintes datas:
1. Patrón para a navegación básica.
* Día 20 de xaneiro, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.
O exame celebrarse nos seguintes centros: Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo e na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol.
* 27 de abril, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.
O exame celebrarase nos seguintes centros: Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol e na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira.
* 19 de outubro, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.
O exame celebrarase nos seguintes centros: no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo e na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira.
2. Patrón de embarcacións de lecer.
* Día 21 de xaneiro, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.
O exame celebrarase no seguinte centro: Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo.
* 28 de abril, nas horas fixadas polos centros nos seus taboleiro de anuncios.
O exame celebrarase nos seguintes centros: no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo, na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol e na Escola Oficial Náutica Pesqueira de Ribeira.
* 20 de outubro, nas horas fixadas polos centros no seu taboleiro de anuncios.
O exame celebrarase nos seguintes centros: na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol e na Escola Oficial Náutica Pesqueira de Ribeira.
3. Patrón de iate.
Día 20 e 21 de abril, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.
O exame celebrarase no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo e na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol.
Día 20 e 21 de outubro, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.
O exame celebrarase no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo.
4. Capitán de iate.
Día 21 e 22 de abril e 21 e 22 de outubro, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.
Os exames celebraranse no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo.
5. Patrón de motos acúaticas A e B.
Día 15 de abril, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.
O exame celebrarase no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo.
Día 25 de maio, nas horas fixadas polos centros no seu taboleiro de anuncios.
O exame celebrarase nos seguintes centros: Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol e na Escola Oficial Náutica Pesqueira de Ribeira.
Segundo.-De ser moi numeroso o número de inscritos, en calquera das distintas titulacións, o presidente do tribunal poderá trasladar ó día seguinte o exame dunha das titulacións o que se anunciará no taboleiro de anuncios do centro.
Terceiro.-Proceder á convocatoria dos exames prácticos ordinarios a motor de 2004 nas seguintes datas:
1. Patrón para navegación básica, patrón de embarcacións de lecer, patrón de iate e capitán de iate.
A partir dos días 25 de febreiro, 25 de maio e 23 de novembro nas horas e lugares fixados polo centro no taboleiro de anuncios os candidatos inscritos.
Os exames celebraranse nos seguintes centros: Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo, na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira e na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.
Cuarto.-Os candidatos deberán solicita-la súa admisión a exame mediante instancia dirixida ó presidente do correspondente tribunal de exame para a obtención das titulacións de referencia para os correspondentes exames teóricos:
Na convocatoria de xaneiro: entre o 15 de decembro de 2003 ata o día 9 de xaneiro de 2004;
Na convocatoria de abril: entre o 15 de marzo ata o 7 de abril de 2004.
E na convocatoria de outubro: entre o 13 de setembro ata o 1 de outubro de 2004.
E para os correspondentes exames prácticos:
Na convocatoria de febreiro: entre os días 3 e 13 de febreiro;
Na convocatoria de maio: entre o 5 e 14 de maio.
E na convocatoria de novembro: entre o 2 e 12 de novembro.
Xunto coa solicitude modelo, será preciso presenta-la seguinte documentación:
-Fotocopia do documento nacional de identidade.
-Unha fotografía recente de tamaño carné.
-Xustificación, para a administración, do correspondente impreso de consellería de taxas debidamente validado pola entidade bancaria onde se realice o ingreso.
a) Para o exame teórico:
-No caso de que os candidatos teñan superado unha parte do programa da titulación á que se presentan, deberán achega-lo certificado do derradeiro exame.
-Título, tarxeta ou xustificante de trámite de patrón de embarcacións de lecer, para presentarse a patrón de iate.
-Título, tarxeta ou xustificante de trámite de patrón de iate, para presentarse a capitán de iate.
b) Para o exame práctico:
-Certificado de ter aprobado o exame teórico se este se realizou fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
-Fotocopia da documentación da embarcación na que se vai realiza-lo exame, que acredite o cumprimento das condicións establecidas no artigo 8º da Orde do 30 de xullo de 1998 (DOG nº 158, do 17 de agosto).
Quinto.-As mencionadas solicitudes poderán presentarse en calquera das seguintes dependencias administrativas:
a) No rexistro da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos ou de calquera das súas delegacións territoriais ou comarcais.
b) Na secretaría do Instituto Politécnico-Marítimo Pesqueiro do Atlántico en Vigo ou das Escolas Oficiais Náutico-Pesqueiras de Ribeira e Ferrol, segundo corresponda.
Sexto.-Os presidentes dos tribunais, á vista das solicitudes recibidas, farán público no taboleiro de anuncios de cada centro examinador as listas de admitidos e excluídos, así como a hora de realización (e o día se é necesario) das probas correspondentes a cada unha das titulacións.
Sétimo.-Rematadas e corrixidas as probas, expoñeranse, no taboleiro de anuncios dos centros realizadores dos exames, as listas das cualificacións obtidas.
Os interesados poderán, se é o caso, formula-las reclamacións que estimen oportunas perante o presidente do tribunal, no prazo de 15 días, contados desde a data na que sexan publicada as listas.
Oitavo.-Aqueles solicitantes que se encontren en posesión de titulacións que dan lugar á validación de partes dos programas, solicitarana diante do tribunal ó tempo que solicitan a inscrición para o exa
me, para o que acompañaran a documentación necesaria para acreditar que están en posesión das titulacións que alegan para a validación. O tribunal resolveraas na lista pública de admitidos e excluídos.
Noveno.-Os solicitantes deberán reuni-las condicións físicas previstas na Resolución do 30 de decembro de 1997 da Dirección Xeral da Mariña Mercante.
Esta condición acreditarase mediante a presentación de certificado médico expedido de conformidade coa dita resolución, cando se solicite a tarxeta acreditativa.
Décimo.-Estas convocatorias e cantos actos administrativos se deriven delas poderán impugnarse nos casos e na forma previstos na vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2003.
Rosa Mª Quintana Carballo
Directora xeral de Innovación e Desenvolvemento
Pesqueiro