Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 03 de decembro de 2003 Páx. 14.863

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (265/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño en autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 265/2003 por instancia de Miguel A. Fuentes Lago contra empresa Alfredo Caridad Campelo sobre salarios, dictouse a seguinte:

«Sentencia.

Na cidade da Coruña, 27 de outubro de 2003. Jorge Hai Alba, maxistrado xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 265/2003, seguidos por instancia de Miguel A. Fuentes Lago, maior de idade, representado e asistido por Alfonso Carballo Jardón, contra a empresa Alfredo Caridad Campelo, que non compareceu, sendo o obxecto da reclamación salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Miguel A. Fuentes Lago contra empresa Alfredo Caridad Campelo, condenando a demandada a lle aboar ó demandante a cantidade de 2.955,17 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 030 6349 5603, 0000 60 265 03.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 030 6349 5603, 0000 65 265 03.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Alfredo Caridad Campelo, que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña, 27 de outubro de 2003.

Jaime Balado Yañez

Secretario xudicial