Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 03 de decembro de 2003 Páx. 14.863

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DA ESTRADA

EDICTO (154/2000).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentencia.

Na localidade da Estrada o dezanove de decembro de dous mil dous.

Vistas por min, Juan Carlos Mediavilla Guerra, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción da Estrada e o seu partido xudicial, as presentes actuacións de xuízo executivo, seguidas ante este xulgado co número 154 do ano 2000, en virtude de demanda interposta polo procurador dos tribunais Luis Sanmartín Losada, en nome e representación da entidade mercantil Caja España de Inversiones, Caja de Ahorros y Monte de Piedad, contra Miguel Bruzos Braña, representado pola procuradora dos tribunais Raquel Puente Fernández e asistido polo letrado Rafael Vede Calvelo, e contra Mercedes Pérez Villanueva, Julio Pérez Vázquez, Amparo Rodríguez Martínez, en situación de rebeldía procesual no presente procedemento, en exercicio de acción de reclamación de cantidade en virtude de póliza de crédito intervida por corredor de comercio colexiado, e atendendo ós seguintes...

Decido que estimando integramente a demanda executiva interposta polo procurador dos tribunais Luis Sanmartín Losada, en nome e representación da entidade mercantil Caja España de Inversiones, Caja de Ahorros y Monte de Piedad, debo mandar e mando seguir adiante a execución iniciada contra Miguel Bruzos Braña, Mercedes Pérez Villanueva, Julio Pérez Vázquez e Amparo Rodríguez Martínez, dispondo a venda dos bens embargados para co seu producto facer pagamento á entidade demandante de catro millóns oitocentas corenta e sete mil trescentas doce (4.847.312) pesetas, en concepto de principal, máis outro millón e medio (1.500.000) de pesetas, que, sen prexuízo de ulterior liquidación, se orzan para xuros e gastos, con imposición das custas do presente procedemento ó executados.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme pois contra ela cabe recurso de apelación que se preparará ante este xulgado, conforme o artigo 457 e D.T. 2ª da Lei de axuizamento civil, no prazo de cinco días contados desde o seguinte á tal notificación, para a súa posterior resolución, trala súa interposición, pola Audiencia Provincial.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo en nome de súa maxestade El-Rei».

E como consecuencia do paradoiro descoñecido de Julio Pérez Vázquez e Amparo Rodríguez Martínez, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Estrada o vintetrés de outubro de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado