Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 03 de decembro de 2003 Páx. 14.862

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CINCO DA CORUÑA

EDICTO (592/2002).

Na Coruña o dezanove de setembro de dous mil tres.

Carmen Iglesias Fungueiro, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número cinco da Coruña, fai saber que neste xulgado se seguen os autos arriba referenciados nos que se dictou sentencia coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda promovida pola procuradora Nuria Ramón Campos en nome e representación de Domingo Martínez Varela e Rosa Villarino Massa, contra Rogelio Pita Gómez, debo declarar e declaro extinguida a comunidade entre demandantes e demandado en relación co predio obxecto do presente procedemento, recoñécese o dereito dos demandantes a non permaneceren na indivisión; decretando a partición do predio descrito no parágrafo primeiro para o efecto do cal se hai acordo entre as partes se adxudicará a un dos comuneiros, se se compromete a pagarlle ó outro a súa parte na forma que acorden e o cumpre, e que foi determinado no informe pericial de José Antonio Faraldo Castro; e de non haber acordo neste sentido acórdase que se venda o inmoble en poxa pública, quen será notarial se as partes acordan establecendo as condicións ou xudicial en caso contrario, con imposición de custas procesuais á parte demandada.

Contra esta sentencia poderase impor, perante este xulgado, recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña. O recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte da notificación, limitando a cita-la resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer, con expresión dos pronunciamentos que impugna.

Lévese testemuño desta resolución ós autos a que se refire e o orixinal ó libro de sentencias que se leva neste xulgado.

Así por esta miña sentencia, que definitivamente xulga en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que así conste e se publique para os efectos de notificación de sentencia ó demandado rebelde expídese este edicto na Coruña o 19 de setembro de 2003.

Rubricado