Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.
Domicilio social: Coruña, 20, 36700 Tui.
Denominación: L.M.T. C.D. o Lugariño, Pazos de Reis II.
Situación: concello de Tui.
Descricións técnicas: ampliación da instalación L.M.T.S. e C.D. Pazos de Reis I, no concello de Tui, (expediente IN407A 02/330-4) cunha segunda L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor R.H.V., de 75 m de lonxitude, desde a subestación de Fenosa ata o C.D. existente, o que se amplía cunha cela de liña de saída no edificio I e tres celas SF6 no edificio II.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 21 de outubro de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra