Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 02 de decembro de 2003 Páx. 14.813

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2003 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación do uso de tarxetas para a adquisición de carburantes. (Expediente 03/10525 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: contratación do uso de tarxetas por parte da deputación para a adquisición de productos carburantes e lubricantes en gasolineiras e establecementos autorizados.

Vixencia do contrato: do 1 de xaneiro de 2004 ó 31 de decembro de 2005, prorrogable anualmente, de maneira expresa, establecendo como data límite de prórroga o 31 de decembro de 2007.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento máximo: non poderá exceder dos créditos consignados no orzamento da deputación para tal finalidade e durante o período de vixencia do contrato. Para o exercicio 2004, o crédito destinado a esta finalidade non excederá de 60.000 euros.

Garantía provisional e definitiva: non se esixe.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional s/n, 5º. 15003 A Coruña. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións: data límite: ata as 13.00 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 21 de novembro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña