Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 02 de decembro de 2003 Páx. 14.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2003 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración e instalación de unidades SAI no pazo provincial e no edificio Rego de Auga. (Expediente 03/10447 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración e instalación de unidades SAI no pazo provincial e no edificio Rego de Auga.

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de entrega: dous meses.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 49.999,48 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional s/n, 5º. 15003 A Coruña. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións: data límite: ata as 13.00 horas, dentro do prazo de 8 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 19 de novembro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña