Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 02 de decembro de 2003 Páx. 14.813

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2003 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración de libros con destino á biblioteca da Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 03/10562 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de libros con destino á biblioteca da Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de entrega e instalación: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de vixencia: dous anos prorrogables segundo o disposto na cláusula 4.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 63.106 euros, desagregado en 2 lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: non se esixe.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional s/n, 5º. 15003 A Coruña. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións: data límite: ata as 13.00 horas, dentro do prazo de 8 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 24 de novembro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña