Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 02 de decembro de 2003 Páx. 14.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por Decreto da Alcaldía nº 4904/2003, do 22 de outubro, aprobouse inicialmente o expediente de expropiación forzosa, por taxación conxunta, do

terreo necesario para o proxecto denominado instalación deportiva anexa ó colexio de EXB de Canide, no termo municipal de Oleiros (A Coruña).

De conformidade co artigo 143, números 2º e 3º da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (9/2002, do 3 de decembro), o expediente estará exposto ó público na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 13.00 horas e polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte a aquel no que apareza publicado este anuncio para os efectos de presentación de observacións e reclamacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 31 de outubro de 2003.

P.D. (Decreto 4733/2003, do 16-10-2003)

Alfredo Novoa Gil

Alcalde en funcións