Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 02 de decembro de 2003 Páx. 14.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 7 de outubro de 2003, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes na unidade de actuación norte nº 12 (rúa do Buxo, rúa Mar Cantábrico e rúa Santo Graal), promovido por Construcciones M. Veiga Zapata e Hijos, S.L.

O acordo de aprobación definitiva do citado estudio de detalle foi comunicado á CPTOPV da Xunta de Galicia con data do 27 de outubro de 2003, en cumprimento do establecido no artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo do dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 27 de outubro de 2003.

P.D. (Decreto Alcaldía 56/2003)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de área