Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 02 de decembro de 2003 Páx. 14.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por Decreto da Alcaldía nº 5013/2003, do 31 de outubro, aprobouse inicialmente o expediente de expropiación forzosa, por taxación conxunta, dos terreos necesarios para o proxecto denominado anexo ó Plan Parcial de Ordenación en Santa María de Canide no termo municipal de Oleiros (A Coruña).

De conformidade co artigo 143, parágrafos 2º e 3º da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (9/2002, do 30 de decembro), o expediente estará exposto ó público na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, de 8.30 a 13.00 horas e polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte a aquel no que apareza publicado este anuncio para os efectos de presentación de observacións e reclamacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 31 de outubro de 2003.

P.D. (Decreto 4733/2003 do 16-10-2003)

Alfredo Novoa Gil

Alcalde en funcións