Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 02 de decembro de 2003 Páx. 14.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 30 de outubro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/325).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: paso a 220 kV LAT. 66 kV Santiago II-San Caetano. Tramo I: soterramento entre apoio nº 111 e subestación San Caetano.

Situación: Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: paso a liña eléctrica subterránea de alta tensión da L.A.T. 66 kV San Caetano-Santiago II, no tramo I, netre o apoio nº 111 e a subestación de San Caetano, implantando novo apoio nº 111 para o paso aéreo-subterráneo da nova liña de alta tensión a 220 kV, subterránea baixo tubos e con soleira de formigón recubrindo tubos e con conductor XLPE 127/220 kV de 3(1x1.200) mm Al, de 2.596 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 111 e discorrendo por r/ Camiño de Lermo, rúa de Vista Alegre, avda. de Castelao-Vite, avda. de San Caetano, praza de España, avda. de Rodríguez Viguri, rúa das Cancelas e final en celas blindadas subestación de San Caetano. Acompaña á liña en todo o seu percorrido cable de terra AC-50 e cable de fibra óptica AUT 4.24F. No termo municipal de Santiago de Compostela.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 30 de outubro de 2003.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 325/2003 Provincia: A CoruñaTermo municipal: Santiago de Compostela

Paso a 220 kV L.A.T. 66 kV Santiago II-San Caetano. Tramo I soterramento entre apoio nº 111 e subest. San Caetano

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1Agro NovoLabradíoVicente Fraga AmadoCosta Santa Isabel, 26

15705 Santiago de Compostela

œ 111251643,42

2Agro NovoLabradíoAna Pampín CastroTravesía de Vista Alegre, 15

15705 Santiago de Compostela

œ 111251633,10