Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 02 de decembro de 2003 Páx. 14.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 29 de outubro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/332).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: pza. de Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: L.M.T.S. e C.T.C. centro comercial.

Situación: Cee.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 240 m de lonxitude, coa orixe e final na liña denominada L.M.T.S. POT801 Corcubión I-hospital, unha vez entre e saia do C.T. centro comercial, que se vai instalar.

Centro de transformación en baixo de centro comercial de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, concello de Cee.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 29 de outubro de 2003.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións