Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 02 de decembro de 2003 Páx. 14.791

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de auto de aclaración de sentencia (147/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

En autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 147/2003 por instancia de Paula Ríos Villares contra a empresa Óscar Seoane López sobre salarios, dictouse a seguinte:

Auto: A Coruña, 4 de novembro de 2003.

Decido: corríxese o erro contido na sentencia do 26-9-2003, con relación ós apelidos do demandado e que constan no feito probado primeiro e decido da devandita resolución, e deberá constar Óscar Seoane López e non López Seoane.

Contra esta resolución non cabe recurso agás o correspondente á sentencia que se pretende aclarar.

Acórdao, mándao e asínao Jorge Hay Ala, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade.

E para que lle sirva de notificación á empresa que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a

súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña o 4 de novembro de 2003.

Jaime Balado Yáñez

Secretario xudicial