Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 02 de decembro de 2003 Páx. 14.791

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO UN DE FERROL

EDICTO (109/2000).

Carmen de Jesús Caramés Millán, maxistrada do Xulgado do Penal número un de Ferrol, fai saber que no dito órgano xudicial se seguen autos co número 109/2000, por roubo e furto de uso de vehículos, no que se acordou sacar a pública poxa por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, sinalándose para que o acto do remate teña lugar na sala de audiencia deste órgano, o día 30 de xaneiro de 2003 ás 10.00 horas.

Primeiro: que os licitadores teñen que identificarse de forma suficiente e declarar que coñecen as condicións xerais e particulares da poxa.

Segundo: que os licitadores para tomar parte na poxa deberán consignar previamente na conta deste xulgado no Banco Banesto, entidade 0030 sucursal 6044, rúa Rubalcava, 12, 15402 Ferrol, número 1550 0000 74 0534 99, unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento do valor dos bens que sirva de tipo, facéndose consta-lo número e ano do procedemento, sen este requisito non serán admitidos, non aceptándose entrega de diñeiro en metálico ou cheques. Cando o licitador realice o depósito con cantidades percibidas en todo ou en parte dun terceiro, farase constar así no xustificante para os efectos do disposto no punto 2 do artigo 652 da Lei de axuizamento civil.

Terceiro: unicamente o executante poderá concorrer coa calidade de cede-lo remate a terceiros.

Cuarto: en tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse licitacións por escrito en prego pechado, facendo o depósito a que se fixo referencia anteriormente.

Quinto: que as cargas e gravames anteriores e os posteriores preferentes ó do demandante, se os houber, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade delas, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Sexto: cando a mellor licitación sexa igual ou superior ó 50 por cento da taxación, sen ofrecemento de pagamento adiado, aprobarase o remate a favor do mellor licitador. Se fose inferior, aterase ó previsto no artigo 650 da Lei 1/2000, de axuizamento civil.

Se por forza maior ou causas alleas non puidese ter lugar a poxa no día e hora sinalados, entenderase que será o seguinte día hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

Bens que se sacan a poxa e o seu valor:

Vehículo usado, marca Rover 111 L 3 P, data de matriculación 28 de decembro de 1990. Matrícula C-6945-AV cilindrada 1119 de gasolina. O valor venal é de duascentas cincuenta mil pesetas (1.502,53 euros).

Encóntranse depositados en poder do seu propietario.

Dado en Ferrol o seis de novembro de dous mil tres.

Roberto Francisco Álvarez

Secretario xudicial