Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 02 de decembro de 2003 Páx. 14.790

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 25 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se comunica a publicación das puntuacións definitivas do baremo aberto por Anuncio do 7 de outubro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 13 de outubro) para prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de música e artes escénicas.

Publicada a lista provisional e resoltas as reclamacións ás puntuacións, procede publica-lo baremo

definitivo no taboleiro de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e das delegacións provinciais, así como na páxina web desta consellería.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas delegacións provinciais e na páxina web desta consellería as puntuacións definitivas do baremo para prazas de interinidades e substitucións do corpo de profesores

de música e artes escénicas nas especialidades que se relacionan no Anuncio do 7 de outubro de 2003 (DOG do 13 de outubro).

Segundo.-Contra estas puntuacións definitivas poderá interpoñerse recurso de alzada no prazo dun mes, a partir do día seguinte da publicación deste anuncio no DOG, ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2003.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal