Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. e C.T.C. Pardiños.
Situación: Ames.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x250) mm Al, de 145 m de lonxitude, coa orixe e final no tramo de liña papeleira-Brandía ó C.T. Guimaráns, unha vez entre e saia do C.T. Pardiñas, en urbanización promocións Iglesias Mera, que se vai instalar.
Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en urbanización promocións Iglesias Mera. Concello de Ames.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 30 de outubro de 2003.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións