Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 01 de decembro de 2003 Páx. 14.774

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Fátima Soto González.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Vigo tramítase o recurso núm. 59/2003 (procedemento abreviado) interposto por Fátima Soto González na súa condición de aspirante a vinculacións temporais de persoal estatutario nas institucións sanitarias do Sergas, no proceso selectivo convocado por Resolución do 28 de decembro de 2001, (DOG do 18 de xaneiro).

A recorrente, aspirante da categoría de ATS-DUE, área sanitaria de Vigo, pretende que se valoren os seus servicios prestados na Fundación Hospital de Verín como prestados en institucións sanitarias do Sergas ou do Servicio Nacional de Saúde coa conseguinte revogación, neste punto, da resolución da Dirección Provincial de Pontevedra do 23-9-2002 pola que se fan públicas as listas definitivas de aspirantes seleccionados

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos