Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 01 de decembro de 2003 Páx. 14.773

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2003 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación de servicio de mensaxería local, rexional, nacional e internacional.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación de servicio de mensaxería local, rexional, nacional e internacional (CP 14/2003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servicios Xurídicos.

c) Número de expediente: CP 14/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de mensaxería local, rexional, nacional e internacional.

b) División por lotes e número: lote 1: mensaxería local e rexional; lote 2; mensaxería nacional; lote 3: mensaxería internacional.

c) Lugar de execución: o servicio prestarase segundo o detallado na cláusula 4 do prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de vixencia (meses): a vixencia inicial será de 24 meses e poderá prorrogarse por outros 24 meses máis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 340.436 A (trescentos corenta mil catrocentos trinta e seis euros), imposto sobre o valor engadido (IVE) incluído, dos que 170.218 A corresponden ás dúas anualidades de vixencia inicial da contratación e 170.218 A as dúas anualidades da posible prórroga, segundo a desagregación por lotes, anualidades e prezos unitarios establecidos nos pregos.

5. Garantía provisional: as garantías provisionais que corresponden para cada un dos lotes son as seguintes:

Lote 1: 1.539,16 A.

Lote 2: 129,60 A.

Lote 3: 1.735,60 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: no caso de presentar oferta ós lotes 1 e/ou 3, é necesario acreditar clasificación no grupo R, subgrupo 9, categoría A, equivalente ó grupo III, subgrupo 3, categoría A da Orde do 24 de novembro de 1982.

b) Solvencia económico-financeira e técnica: se presenta oferta unicamente para o lote 2: suficiente solvencia económica e medios para a execución do contrato. Para os demais casos: contar con suficientes medios de transporte para a execución do contrato, de conformidade co artigo 15.1º do TRLCAP, o que se acreditará polos medios establecidos na alínea C da folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 12-1-2004.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1. Entidade: rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2. Domicilio: complexo administrativo San Lázaro s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex, telegrama ou correo electrónico conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: Complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 23-1-2004.

e) Hora: 11.00.

10. Outras informacións: con carácter previo á formalización do contrato, a adxudicataria deberá acre

dita-la vixencia dunha póliza de seguro de responsabilidade civil por importe mínimo de 30.000 A.

11. Gastos de anuncios: 2.500 A máximo. Serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 4-11-2004.

13. No caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica