Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 01 de decembro de 2003 Páx. 14.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/614-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Jaime Balmes.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de 40 m de lonxitude, con orixe nun punto da L.M.T.S. BAL725, entre os CC.TT. rúa Tomás Alonso 36 e baixada a Peniche, e remate no punto de orixe unha vez que entre e saia do C.T. que se proxecta, de 250 kVA R.T. 15 kV/380-220 V, situado na rúa Jaime Balmes de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 3 de outubro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra