Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 01 de decembro de 2003 Páx. 14.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/621-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento liñas M.T. en Baredo.

Situación: concello de Baiona.

Descricións técnicas: desvío L.M.T. aérea ROS 8.06 a 20 kV con conductor tipo LA-110 de 176 m de lonxitude, con orixe e remate nos apoios existentes nº 13 e 15, respectivamente, da L.M.T. ROS 8.06. Desvío L.M.T. aérea derivación ó C.T. Rocamar, a 20 kV con conductor tipo LA-56 de 87 m de lonxitude, con orixe no apoio 14 da L.M.T. ROS 8.06 e remate no apoio existente nº 3 da L.M.T. ó C.T. Rocamar. A instalación está situada en Baredo, Baiona.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 6 de outubro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra