Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 01 de decembro de 2003 Páx. 14.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se amplía a autorización da empresa Norcontrol, S.A. como organismo de control autorizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Examinado o escrito presentado por Alejandro Fernández Vidal, en calidade de representante de Norcontrol, S.A., con CIF A-15044357 e con domicilio social na estrada nacional VI, km 582, 15168 Sada (A Coruña), mediante o que solicita ampliación da

autorización como organismo de control autorizado na Comunidade Autónoma de Galicia, no campo regulamentario de instalacións contra incendios, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Norcontrol, S.A. está acreditada por ENAC con número de acreditación 04/EI006, conforme os criterios recollidos na norma UNE-EN 45004:1995, para a realización de inspeccións nos campos e segundo os documentos normativos especificados no anexo técnico rev. 7, de data 28-3-2003, da acreditación de ENAC correspondente.

Segundo.-Con data do 21 de maio de 2003, Alejandro Fernández Vidal, en nome e representación de Norcontrol, S.A., presentou un escrito mediante o que, ó abeiro do Decreto 426/2001, do 15 de novembro, polo que se regulan os organismos de control en materia de seguridade industrial e control regulamentario e se crea a Comisión de Coordinación de Seguridade Industrial de Galicia, solicitaba ampliación da autorización como organismo de control autorizado na Comunidade Autónoma de Galicia, no campo regulamentario de instalacións contra incendios. Para tal efecto, achegaba a documentación esixida nos artigos 4, 5 e 6, así como a especificada no anexo II do citado decreto.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con base no Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, no Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da infraestructura para a calidade e a seguridade industrial, e no Decreto 426/2001, do 15 de novembro, polo que se regulan os organismos de control en materia de seguridade industrial e control regulamentario e se crea a Comisión de Coordinación de Seguridade Industrial de Galicia.

Segundo.-A documentación presentada por Norcontrol, S.A. acredita que a empresa cumpre coas esixencias establecidas nos artigos 4, 5, 6 e 7 do Decreto 426/2001, para a súa actuación no ámbito regulamentario solicitado.

Terceiro.-Na tramitación deste expediente cumpríronse tódolos requisitos regulamentarios.

A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Amplia-la autorización de Norcontrol, S.A. como organismo de control autorizado na Comunidade Autónoma de Galicia para as actividades de inspección indicadas e comprendidas nos campos regulamentarios que, de acordo cos documentos normativos recollidos no anexo técnico rev. 7, de data 28-3-2003, da acreditación nº 04/EI006 de ENAC, se relacionan de seguido:

Instalacións contra incendios.

Segundo.-Esta resolución pode ser suspendida ou revogada, ademais de nos casos previstos na lexislación vixente, cando o sexa a citada acreditación de ENAC, e queda suxeita ó cumprimento das seguintes condicións:

1ª Calquera ampliación dos campos regulamentarios de actuación ou dos documentos normativos correspondentes deberá segui-los trámites establecidos nos artigos 4, 5 e 7 do Decreto 426/2001, para a súa autorización.

2ª Norcontrol, S.A. deberá cumpri-lo establecido na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria e no R.D. 2200/1995, do 28 de decembro, no que sexa de aplicación.

3ª Norcontrol, S.A. deberá cumprir nas súas actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia os requisitos establecidos no Decreto 426/2001, do 15 de novembro.

Notifíquese esta resolución ó interesado facendo constar que poderá interpor recurso de alzada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó de notificación, ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas