Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 01 de decembro de 2003 Páx. 14.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 17 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública para autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, aprobación do proxecto de execución, proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da instalación eléctrica, estudio ambiental e da solicitude de acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica das instalacións referidas ó Parque Eólico Xiabre, provincia de Pontevedra. (Expediente IN661A 03/1-4).

En cumprimento do disposto no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, artigo 53 y 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e o Decreto 302/2001 polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, a solicitude da empresa Energía de Galicia, S.A. (Engasa), as instalacións que a continuación se describen:

Título: Parque Eólico Xiabre.

Solicitante: Engasa (Energía de Galicia, S.A.).

Domicilio social: rúa Londres, 11, baixo, 15707 Santiago de Compostela.

Concellos afectados: Caldas de Reis, Catoira e Vilagarcía de Arousa.

Superficie afectada: 221,9 ha.

Emprazamento: (coordenadas poligonais en unidades UTM).

Coordenadas afección:

V(525.712,4.719.142); V(525.260,4.718.842); V(524.352,4.720.219); V(523.524,4.720.558); V(523.736,4.721.000); V(524.742,4.720.588); V(526.166,4.721.670); V(526.372,4.721.242); V(525.012,4.720.204).

Coordenadas dos aeroxeradores:

V(523.780,4.720.670); V(524.040,4.720.660); V(524.200,4.720.500); V(524.390,4.720.420); V(524.620,4.720.350); V(524.984,4.720.434); V(525.380,4.720.760); V(525.787,4.721.072); V(526.210,4.721.370); V(524.950,4.719.890); V(525.150,4.719.610); V(525.310,4.719.390); V(525.400,4.719.210); V(525.510,4.719.040).

Características técnicas do parque eólico:

-14 aeroxeradores, cunha potencia nominal unitaria de 1.500 kW.

-Potencia total instalada: 21 MW (reg. A 20 MW).

-Producción neta anual estimada: 56.270 MWh/ano.

-Orzamento total: 18.754.588,62 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-14 transformadores de 2.000 kVA, relación de transformación 0,690/20 kV.

-Rede subterránea de interconexión entre as máquinas existentes, a 20 kV, que transportará a enerxía xerada ata a subestación proxectada.

-Subestación transformadora de tipo intemperie equipada con transformador de 25 MVA, relación de transformación 20/66 kV, celas de media tensión a 20 kV, transformador de enerxía auxiliar de 50 kVA, aparellos de medida, protección, telemando y telecontrol.

Obxecto da información pública:

-Estudio ambiental.

-Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

-Autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública das instalacións que comprende o proxecto do Parque Eólico Xiabre.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

-Declaración da instalación como de réxime especial de producción eléctrica.

Afección a predios particulares:

S.E.: superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

S.P.: servidume de paso que implica a construcción de camiños e canalizacións.

-Dereito de libre paso ou acceso de persoal e equipos para a construcción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

-Servidume de paso subterráneo que comprende a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas subterráneas aloxadas en gabias.

-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños e instalacións.

S.V.: servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

P.E.: superficie de protección eólica afectada pola seguinte limitación de dominio:

-Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 m (construccións, árbores, postes e outros).

O.T.: ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.

Relación de propietarios e bens afectados:

* Concello de Caldas de Reis:

-Propietario:

Nº predio plano:

Nome e apelidos: Comunidade de Saiar, Lorenzo Gándara Lemos.

Enderezo: Carballal nº 21, 36656 Saiar.

-Superficie afección:

S.E.: (m): 3.750.

S.P.: 14.886.

S.V.: (m): 16.610.

P.E.: (m): 27.041.

O.T.: (m):

* Concello de Catoira:

-Propietario:

Nº predio plano:

Nome e apelidos: Comunidade de Abalo, Mª Elisa Conde Catoira.

Enderezo: camiño á Devesa nº 12, 36612 Abalo.

-Superficie afección:

S.E.: (m): 4.500.

S.P.: 17.056.

S.V.: (m): 19.932.

P.E.: (m): 34.621.

O.T.: (m):

-Propietario:

Nº predio plano:

Nome e apelidos: Comunidade de Dimo, José A. Castiñeiras Catoira.

Enderezo: camiño do Cruceiro ó Carballoso, nº 18, 36612 Dimo.

-Superficie afección:

S.E.: (m): 2.250.

S.P.: 15.161.

S.V.: (m): 9.966.

P.E.: (m): 15.267.

O.T.: (m):

* Concello de Vilagarcía de Arousa:

-Propietario:

Nº predio plano:

Nome e apelidos: Comunidade de Cea, Julián Abuín Fontenla.

Enderezo: Rúa do Embalse nº 1, 36600 Vilagarcía de Arousa.

-Superficie afección:

S.E.: (m):

S.P.: 1.820.

S.V.: (m):

P.E.: (m):

O.T.: (m):

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares de dereitos afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación enriba sinalados, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las alegacións que consideren oportunas a el, nesta delegación provincial sita na rúa Eduardo Pondal nº 64 de Pontevedra (36003), no prazo de 30 días, contados a partir da derradeira publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico poderanse examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra, Dirección Xeral de Turismo, concellos de Caldas de Reis, Catoira, Vilagarcía de Arousa, e nesta Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra, podendo presentarse ante ela cantas alegacións se consideren dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior.

Rematado o dito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, intentada a notificación non se puidese realizar.

Pontevedra, 17 de novembro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra