Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 01 de decembro de 2003 Páx. 14.741

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 11 de novembro de 2003 pola que se lle outorga a aprobación definitiva á modificación puntual das NSM para a creación dunha área recreativa de lecer, en Cedeira, concello de Redondela.

O Concello de Redondela conta con normas subsidiarias de ámbito municipal, aprobadas definitivamente pola CPU en data 6-11-1987.

A documentación remitida consta de expediente administrativo e proxecto técnico da modificación puntual.

O obxecto deste proxecto é crear unha área recreativa na parroquia de Cedeira.

O obxecto da modificación dá cumprimento ó artigo 94 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, respecto dos fundamentos das modificacións do planeamento urbanístico.

De conformidade co sinalado no artigo 93.4º da Lei 9/2002, as modificacións de calquera dos elementos dos plans, proxectos, normas e ordenanzas suxeitaranse ás mesmas disposicións enunciadas para a súa tramitación e aprobación.

Terminada a fase de elaboración da modificación puntual, e inmediatamente antes da súa aprobación inicial, o concello remitiu o expediente a informe preceptivo desta consellería, que foi emitido en data 6 de maio de 2003, de conformidade co disposto no artigo 85.1º da Lei 9/2002.

O Pleno do Concello o 30-7-2003 acordou a aprobación inicial, publicada en prensa o 18 e 19 de agosto de 2003 e no DOG do 21 de agosto, co resultado da fase de información pública que consta no expediente, tramitado e aprobado provisionalmente polo Pleno do Concello o 16-10-2003.

De conformidade co disposto no artigo 89.1º da Lei 9/2002, a competencia para a aprobación definitiva dos plans xerais de ordenación municipal correspóndelle ó conselleiro competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio.

En consecuencia, de conformidade co establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e cos informes xurídico e técnico do Servicio de Inspección Territorial de Pontevedra e por proposta da Dirección Xeral de Urbanismo,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Aprobar definitivamente a modificación puntual das NSM para a creación dunha área recreativa de lecer, en Cedeira, concello de Redondela.

Artigo 2º

De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002 e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publica-la normativa e ordenanzas da modificación aprobada definitivamente no BOP.

Disposición derradeira

Contra esta orde cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ó da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2003.

Alberto Núñez Feijóo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda