Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2003 Páx. 14.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da xestión da casa de acollida e piso tutelado para mulleres maltratadas de Vigo.

1. Entidade adxudicante: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: muller, nº de expediente: 1290-224.

2. Obxecto do contrato: descrición: xestión da casa de acollida e piso tutelado de mulleres maltratadas.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo: dous anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 292.728 euros.

5. Garantía: provisional: 5.854,56.

6. Obtención de documentación e información: Oficina de Información Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10.00 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 19 de novembro de 2003.

Mª Luisa Graña Barcia

Concelleira de Patrimonio