Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2003 Páx. 14.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO para contratación por concurso aberto da subministración e instalación de caldeiras de calefacción e auga quente nos colexios públicos de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Electromecánicos. Nº de expediente: 5371-332.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración e instalación de caldeiras de calefacción e auga quente nos colexios públicos de Vigo.

Unidades que se entregarán: véxase condicións técnicas.

Lotes: si, catro.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 60 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: lote 1: 49.289 euros, lote 2: 16.671,96 euros, lote 3: 29.217,81 euros e lote 4: 24.659,55 euros.

5. Garantía provisional: dispensada.

6. Obtención de documentación e información: Oficina de Información Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10.00 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.

12. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 19 de novembro de 2003.

María Luisa Graña Barcia

Concelleira de Patrimonio