Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2003 Páx. 14.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación do mantemento do céspede do estadio municipal de Balaídos de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Deportes. Nº de expediente: 3861-333.

2. Obxecto do contrato: descrición: mantemento do céspede do estadio municipal de Balaídos.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: dous anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: 32.059,62 euros/ano.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: Oficina de Información Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no DOG e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.

12. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 19 de novembro de 2003.

María Luisa Graña Barcia

Concelleira de Patrimonio