Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2003 Páx. 14.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, para a contratación da terceira fase da primeira programación plurianual das obras que contratará a deputación, incluídas no IV convenio Xunta-Deputación para a reforma e construcción de instalacións deportivas.

1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación da 3ª fase da primeira programación plu

rianual das obras que contratará a deputación, incluídas no IV convenio Xunta-Deputación para a reforma e construcción de instalacións deportivas que figuran a continuación, cos orzamentos, garantías e clasificacións que se relacionan.

2. Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación, en horas de 9.00 a 13.00, dentro do prazo dos trece días naturais, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

4. O texto íntegro deste anuncio figura no BOP.

5. Gastos de anuncios: os gastos derivados deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 21 de novembro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

ANEXO

Denominación da obra

Lugar de execución

OrzamentoAnualidades da obraPrazo de

execución

ClasificaciónGarantía

provisional

Garantía

definitiva

A Baña

Polideportivo cuberto420.708,48 eurosAno 2033: 309.220,73 euros

Ano 2004: 111.487,75 euros

Ano 2005:

6 mesesC-2, 3, 4, 6-dNon se esixe4% do prezo de adxudicación

Ribeira

Acondicionamento complexo deportivo A Fiteira897.033 eurosAno 2003: 448,516,49 euros

Ano 2004: 448,516,51 euros

Ano 2005:

13 mesesC-2, 4-C; G-4, 6-cNon se esixe4% do prezo de adxudicación