Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2003 Páx. 14.727

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador PO-A-2003/45 (animais).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a incoación do expediente sancionador por infracción á Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Que así mesmo, designo instructor do expediente a Antonio Álvarez Fernández e secretaria a Rosa María Siota Diéguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalo en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achega-los documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolle que de non efectuar ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os

supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 24 de outubro de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-A-2003/45.

Denunciado: Centro Hípico Zumanajor.

Último enderezo coñecido: estrada A Forno do Duque, nº 21 de Camposancos (36778 A Guarda).

Feitos denunciados: carecer da documentación pertinente para a actividade e explotación de centro hípico (picadeiro).

Feitos denunciados ás 10.30 horas do día 11 de decembro de 2002, no espacio natural Baixo Miño en Camposancos (A Guarda).

Precepto infrinxido: infracción grave do artigo 21.1º f) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Precepto sancionador: artigo 24 da Lei 1/1993, do 13 de decembro, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Sanción: 600 euros.