De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.
Nómease instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López, e secretaria a Marta Joaquín Tersado, funcionarias desta delegación provincial, podendo ser recusadas en calquera momento da tramitación do expediente de concorre-los supostos legais.
Os interesados diporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente, para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-2º baixo.
O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do
procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).
Lugo, 1 de outubro de 2003.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
Expediente.: P-166/2003.
Denunciado: Arsenio González Álvarez.
DNI: 10057583-H.
Enderezo.: San Valerio 31-4º D. Ponferrada, León.
Feito denunciado.: non respecta-las limitacións de número e tamaño fixadas pola Consellería de Medio Ambiente ó ter capturado trece troitas, nove delas de tamaño inferior ó regulamentario (1-18 cm; 2-17,5 cm; 2-17 cm; 1-16,5 cm; 1-16 cm; 1-15 cm; 1-14,5 cm). Feitos constatados o día 19-8-2003 ás 12.15 h no río Rao. Navia de Suarna. Lugo.
Precepto sancionador: artigo 33.9º da Lei 7/1992 de pesca fluvial de Galicia.
Cualificación: leve.
Sanción: 120,20 euros.
Indemnización por danos e perdas de 126,21 euros.