Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2003 Páx. 14.725

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos servicios de limpeza e vixilancia de diversos centros da provincia de Lugo.

A delegación provincial da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, anuncia-los concursos que seguidamente se citan.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Lugo.

c) Nº de expediente: 25/2003, 26/2003, 27/2003 e 28/2003.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición.

Expt. 25/2003.-Contratación do servicio de vixilancia do centro de menores Santo Anxo da Garda de Rábade.

Expt. 26/2003.-Contratación do servicio de limpeza do centro de menores Santo Anxo da Garda de Rábade.

Expt. 27/2003.-Contratación do servicio de limpeza da casa da xuventude de Chantada.

Expt. 28/2003.-Contratación do servicio de limpeza e servicios varios do albergue xuvenil de área, Viveiro.

b) Prazo de execución: 1 ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de execución.

Expt. 25/2003.-131.000 A.

Expt. 26/2003.-21.800 A.

Expt. 27/2003.-15.200 A.

Expt. 28/2003.-21.800 A.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% dos importes das adxudicacións.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: delegación provincial.

b) Domicilio: Ronda da Muralla 70, 2º baixo.

c) Localidade: Lugo 27071.

d) Teléfono: 982 29 41 01.

e) Telefax: 982 29 44 43.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a estas contratacións nos seguintes enderezos da Internet.

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3350.

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3351.

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3352.

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3353.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: para o expt. 25/2003.-Servicio de vixilancia do centro de menores Santo Anxo de Rábade: grupo M, subgrupo 2, categoría A.

b) Solvencia económica e financeira: que se acreditará por calquera medio dos establecidos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Solvencia técnica ou profesional: que se acreditará por calquera medio dos establecidos no artigo 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia sito na Ronda da Muralla 70 baixo, 27071 Lugo.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (982 29 44 43) ou telegrama, no mesmo día, de conformidade co artigo 80 Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: delegación provincial.

b) Enderezo: Ronda da Muralla 70, 2º baixo.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: décimo día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que coincida en sábado

ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: ás 10.00 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Lugo, 20 de novembro de 2003.

P.D. (Orde 14-3-2003)

Coro Piñeiro Vázquez

Delegada provincial de Lugo