Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2003 Páx. 14.717

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a autorización, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do aproveitamento hidroeléctrico do río Ulla Salto de Sexo-Bemil, situado nos concellos de Agolada (Pontevedra) e Santiso (A Coruña). (Expediente IN407A 02/78 e 5/244/33).

En cumprimento do disposto no artigo 123 da Lei de augas, Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, nos capítulos II e V do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, submi

nistración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e nos títulos IV e IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, sométense a información pública, por solicitude da empresa Unión Fenosa Generación, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública.

Declaración de utilidade pública, autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións que comprende o proxecto do aproveitamento hidroeléctrico do río Ulla Salto de Sexo-Bemil.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Peticionario: Unión Fenosa Generación, S.A.

Enderezo: avenida de San Luis 77, 28033 Madrid.

Ubicación: concellos de Agolada (Pontevedra) e Santiso (A Coruña).

Características do aproveitamento.

1. Río: Ulla.

2. Caudal máximo derivado: 16.500 l/s.

3. Desnivel máximo: 47 m.

4. Cota de nivel do encoro: 303 m.s.n.m.

5. Cota de restitución: 256 m.s.n.m.

6. O aproveitamento consta dun azude coas seguintes características:

-Cota do leito no eixo: 298 m.s.n.m.

-Tipo: de gravidade de planta recta.

-Altura do nivel do encoro sobre o leito: 5 m.

-Lonxitude da coroación: 50 m.

-Altura máxima sobre cimentos: 10,5 m.

-Tipo de aliviadoiro: de labio fixo tipo Creager e unha lonxitude de 30 m.

7. Tipo de explotación: fluente.

8. Instalacións electromecánicas:

-O aproveitamento consta de dous grupos xeradores idénticos das seguintes características respectivas:

a) Caudal: 8.250 l/s.

b) Turbina: Francis de eixo vertical.

c) Salto neto: 41,75 m.

d) Rendemento do grupo: 0,93.

e) Potencia eléctrica activa: 3.137 kW.

f) Xerador síncrono de 3.486 kVA.

g) Factor de potencia: 0,9.

h) Tensión de xeración: 6 kV.

-Instalarase un transformador trifásico en baño de aceite de 7,5 MVA cunha relación de transformación de 66/6 kV.

-Un transformador de servicios auxiliares de 250 kVA e 6/0,4 kV de relación de transformación.

-Instalacións de protección, manobra, mando, sinalización, medida e interconexión.

-Potencia total: 6.274 kW.

-Producción media anual: 23,7 GWh.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidos, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, nesta dirección xeral sita no edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 4ª planta, 15771 (Santiago de Compostela) ou ben nas delegacións provinciais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña e Pontevedra, no prazo dun mes, contado a partir da última publicación deste anuncio.

Faise constar que esta publicación se realizará igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Relación de bens e dereitos afectados

Aproveitamento hidroeléctrico Salto de Sexo-Bemil

Concello de Santiso

Nº PREDIOLUGARUSO DO SOLOPROPIETARIOENDEREZOAFECCIÓN (M)

1EIRONMONTEANDRES JOAQUIN MOURIÑO CAOOUTEIRO-A PONTE ARCEDIAGO-SANTISO-15808 A CORUÑA9.058

2EIRONMONTEIRMANS LOUREIRO PENASA PONTE ARCEDIAGO-SANTISO-15808 A CORUÑA204

3EIRONMONTEJOSE VARELA PEREIROA PONTE ARCEDIAGO-SANTISO-15808 A CORUÑA81

4EIRONMONTEMANUEL CAJIDE PULLEIRO E JAIME PALLARES OTEROA PONTE ARCEDIAGO-SANTISO-15808 A CORUÑA90

5EIRONCULTIVOROSARIO MIGUELEZ LOPEZCHOREN-BARAZON-SANTISO-15808 A CORUÑA156

Nº PREDIOLUGARUSO DO SOLOPROPIETARIOENDEREZOAFECCIÓN (M)

6EIRONMONTEIRMANS CURRAS ROIBASA PONTE ARCEDIAGO-SANTISO-15808 A CORUÑA199

7EIRONMONTEANDRES JOAQUIN MOURIÑO CAOOUTEIRO-A PONTE ARCEDIAGO-SANTISO-15808 A CORUÑA365

8EIRONMONTEMARIO PENAS GILMOURAZOS-MOURAZOS-SANTISO-15808 A CORUÑA373

9EIRONMONTESEVERINO MOURIÑO SUAREZA PONTE ARCEDIAGO-SANTISO-15808 A CORUÑA97

10EIRONMONTEMª PAZ MOURIÑO GUERREIROA PONTE ARCEDIAGO-SANTISO-15808 A CORUÑA117

11EIRONMONTESEVERINO CAJIDE COLLEIRASA PONTE ARCEDIAGO-SANTISO-15808 A CORUÑA123

12EIRONMONTEPILAR VAZQUEZ CIDA CORNELLA-BERREDO-AGOLADA-36528 PONTEVEDRA183

13EIRONMONTEIRMANS VILARIÑO BARREIROA PONTE ARCEDIAGO-SANTISO-15808 A CORUÑA84

14EIRONMONTEIRMANS VILARIÑO BARREIROA PONTE ARCEDIAGO-SANTISO-15808 A CORUÑA165

15EIRONMONTEASUNCION ROMERO VARELAA PONTE ARCEDIAGO-SANTISO-15808 A CORUÑA161

16EIRONMONTEGERMAN RIO AYUDEPADRON-SERANTES-SANTISO-15808 A CORUÑA95

17EIRONMONTEJOSE PALLARES OTEROA PONTE ARCEDIAGO-SANTISO-15808 A CORUÑA136

18EIRONMONTEMª TRINIDAD MIGUELEZ MIGUELEZCHOREN-BARAZON-SANTISO-15808 A CORUÑA542

19EIRONMONTEMONTE VECIÑAL DE ARCEDIAGOA PONTE ARCEDIAGO-SANTISO-15808 A CORUÑA159

20CUVACEIRASA. RECREATIVACONCELLO DE SANTISOCONCELLO DE SANTISO-15808 A CORUÑA331

21CUVACEIRASPRADOMANUEL BARRIO PARDOA CORNELLA-BERREDO-AGOLADA-36528 PONTEVEDRA58

22MUIÑO DO OUTEIROMONTEANDRES JOAQUIN MOURIÑO CAOOUTEIRO-A PONTE ARCEDIAGO-SANTISO-15808 A CORUÑA462

23MUIÑO DO OUTEIROPRADOANDRES JOAQUIN MOURIÑO CAOOUTEIRO-A PONTE ARCEDIAGO-SANTISO-15808 A CORUÑA1.292

24MUIÑO DO OUTEIROMONTEMª MERCEDES GUERREIRO SANCHEZSANXURXO-MOURAZOS-SANTISO-15808 A CORUÑA333

25MUIÑO DO OUTEIROMONTEIRMANS PENA SOUTOMOURAZOS-MOURAZOS-SANTISO-15808 A CORUÑA1.085

26MUIÑO DO OUTEIROMONTEDANIEL VARELA PEREIROA PONTE ARCEDIAGO-SANTISO-15808 A CORUÑA315

27MUIÑO DO OUTEIROMONTEMª TRINIDAD MIGUELEZ MIGUELEZCHOREN-BARAZON-SANTISO-15808 A CORUÑA845

28MUIÑO DO OUTEIROMONTEJOSE E MANUEL CAGIDE CAGIDEA PONTE ARCEDIAGO-SANTISO-15808 A CORUÑA585

29MUIÑO DO OUTEIROMONTEJOSE LEIVA ROUCOBARRAL-BARAZON-SANTISO-15808 A CORUÑA323

30MUIÑO DO OUTEIROMONTEJOSE RAMON VILARIÑO SANCHEZCORNELLA-BERREDO-AGOLADA-36528 PONTEVEDRA229

31MUIÑO DO OUTEIROMONTEROSARIO MIGUELEZCHOREN-BARAZON-SANTISO-15808 A CORUÑA164

32CANALMONTEDESCOÑECIDO831

33CANALMONTEAVELINO SILVA AYUDEBARAZON-SANTISO-15808 A CORUÑA1.003

34CANALMONTEMARIA PORTOS AYUDEBARAZON-SANTISO-15808 A CORUÑA1.222

35CANALMONTEFELISA ADAN SALGADO

SECUNDINO ORO VAZQUEZ

PEDREIRA-BARAZON-SANTISO-15808 A CORUÑA602

36CANALMONTEDESCOÑECIDO180

37CANALMONTEDESCOÑECIDO506

38CANALMONTERAMONA LOPEZ AMBOAGE

RAMON ANDRES MENDOZA QUINTELA

VILAR-BARAZON-SANTISO-15808 A CORUÑA211

39CANALMONTEJOSE LEIVA ROUCOBARRAL-BARAZON-SANTISO-15808 A CORUÑA264

40MONTE DA PENAMONTEJOSE DAVID LEIVA PEREIROBELMIL-BARAZON-SANTISO-15808 A CORUÑA2.069

41MONTE DA PENAMONTEILDA ESPAÑA GALEGO

JESUS MEIJIDE OTERO

PENA-BARAZON-SANTISO-15808 A CORUÑA1

42MONTE DA PENAMONTEILDA ESPAÑA GALEGO

JESUS MEIJIDE OTERO

PENA-BARAZON-SANTISO-15808 A CORUÑA89

Concello de Agolada

Nº PREDIOLUGARUSO DO SOLOPROPIETARIOENDEREZOAFECCIÓN (M)

1MONTE DA CORNELLAMONTEANDRES JOAQUIN MOURIÑO CAOOUTEIRO-A PONTE ARCEDIAGO-SANTISO-15808 A CORUÑA3.071

2MONTE DA CORNELLAPINARMª MERCEDES GUERREIRO SANCHEZSANXURXO-MOURAZOS-SANTISO-15808 A CORUÑA1.246

3MONTE DA CORNELLAMONTEELISARDO GUERREIRO SANCHEZSANXURXO-MOURAZOS-SANTISO-15808 A CORUÑA1.068

4MONTE DA CORNELLAMONTEANTONIO GUERREIRO SANCHEZSANXURXO-MOURAZOS-SANTISO-15808 A CORUÑA1.228

5MONTE DA CORNELLAPRADOEMILIO VAZQUEZ VAZQUEZA CORNELLA-BERREDO-AGOLADA-36528 PONTEVEDRA11.677

6CORNELLAMONTEIRMANS MATO MOURIÑOA CORNELLA-BERREDO-AGOLADA-36528 PONTEVEDRA2.361

7CORNELLAPRADOMANUEL BARRIO PARDOA CORNELLA-BERREDO-AGOLADA-36528 PONTEVEDRA1.366

8CORNELLAPRADOIRMANS SANTALLA SUAREZSANXURXO-MOURAZOS-SANTISO-15808 A CORUÑA692

9CORNELLAPRADOEMILIO VAZQUEZ VAZQUEZA CORNELLA-BERREDO-AGOLADA-36528 PONTEVEDRA153

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL