Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2003 Páx. 14.719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, pola que se empraza o interesado José López Salgado no recurso de amparo 5739/2002-M.

Pola presente resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), e por ser devolta polo servicio de correos, emprázase o interesado José López Salgado, que ten o último domicilio coñecido en Enxerto-Aguada, Car

balledo (Lugo), para que poida comparecer como parte, no recurso de amparo nº 5739/2002-M.

A Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia recibiu da Sala Segunda do Tribunal Constitucional requirimento para que se remita á mesma certificación do expediente administrativo no que se dictou resolución de data 5 de novembro de 2001 desestimatoria do recurso de alzada formulado contra a resolución do expediente sancionador E-17/00 da Delegación Provincial de Lugo do 23 de maio de 2001.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou en data 24 de outubro de 2003 e de conformidade co disposto no artigo 51.2º da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, a remisión do correspondente expediente ó referido tri

bunal, o que se lle notifica a José López Salgado, en canto interesado no procedemento, emprazándoo para que poida comparecer como parte no prazo de 10 (dez) días, que comezarán a contar desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2003.

Miguel Fernández Rodríguez

Director xeral de Producción e Sanidade

Agropecuaria