Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2003 Páx. 14.706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental, relativa ó proxecto da L.A.T. 132 y 30 kV subestación Farelo-subestación Faro, nos concellos de Agolada e Rodeiro na provincia de Pontevedra e Antas de Ulla e Chantada na provincia de Lugo, promovido pola empresa Enerfín, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do

impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 25 de agosto de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, pola que se formula a Declaración de impacto ambiental da L.A.T. 132 e 30 kV subestación Farelo-subestación Faro, nos concellos de Agolada e Rodeiro na provincia de Pontevedra e Antas de Ulla e Chantada na provincia de Lugo, promovido pola empresa Enerfín, S.A. que se transcribe como anexo a esta resolución.

Lugo, 30 de outubro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Declaración de impacto ambiental.

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora:

-Estudio de impacto ambiental. L.A.T. 132 e 30 kV S.E. Farelo-S.E. Faro. Abril 2002.

-Proxecto L.A.T. 132 e 30 kV S.E. Farelo-S.E. Faro. Abril 2002.

-Estudio e corrección do impacto patrimonial da L.A.T. 132 e 30 kV S.E. Farelo-S.E. Faro. Memoria técnica.

-Estudio e corrección do impacto patrimonial da L.A.T. 132 e 30 kV S.E. Farelo-S.E. Faro. Memoria técnica. Informe complementario.

-Documentación complementaria ó Es.I.A. Abril 2003.

-Proposta de rede de miradores paisaxísticos.

-Documentación complementaria. Maio 2003.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sen prexuízo do disposto no artigo 6.4º do Real decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír a garanti-la biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen na presente DIA, ademais das incluídas no estudio ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradicción entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

1. Ámbito da declaración.

A presente declaración refírese en exclusiva á instalación dunha liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 e 30 kV, para interconexión do Parque Eólico Farelo coa subestación denominada Faro, de 12.810 m de lonxitude, e estará composta ata o apoio nº 19 por un circuíto a 132 kV e a partir do apoio nº 19 por dous circuítos, un de 132 kV e outro de 30 kV. Así mesmo, disporá de cable de terra e fibra óptica OPGW, con illadores, sobre apoios metálicos de celosía.

A traza discorrerá polos concellos de Agolada e Rodeiro (Pontevedra) e Antas de Ulla e Chantada (Lugo), segundo o plano titulado Emprazamento. Follas 1 a 5. Códigos 10005003-02.01 a 10005003-02.05 do estudio de impacto ambiental, sendo as coordenadas UTM dos apoios as seguintes:

Nº apoioUTM XUTM Y

1587.1024.732.986

2587.2684.733.067

3587.5304.733.194

4587.8484.733.348

5588.0374.733.505

6588.2504.733.683

7588.4094.733.816

8588.5044.733.895

9588.6104.733.781

10588.8174.733.556

11588.9414.733.422

12589.1084.733.241

13589.2794.733.056

14589.5884.732.721

15589.7694.732.524

16589.9324.732.348

17589.9934.732.282

18590.2454.732.063

19590.4604.731.877

19bis590.4534.731.869

20590.5874.731.766

21590.6954.731.673

22590.9454.731.455

23591.3604.731.095

24591.5234.730.954

25591.6614.730.834

25bis591.6554.730.826

26591.8564.730.665

27591.9774.730.348

28592.0894.730.053

29592.1654.729.854

30592.1624.729.626

31592.1594.729.369

32592.1564.729.165

33592.1524.728.862

34592.1484.728.578

35592.0564.728.166

36592.0024.727.923

37591.9564.727.716

38591.8894.727.416

39591.7904.727.235

40591.6144.726.914

41591.5174.726.737

42591.2704.726.288

43591.2454.726.115

44591.1974.725.790

45591.1534.725.490

46591.2064.725.286

47591.3294.724.803

48591.4074.724.599

48bis591.4094.724.584

2. Protección da atmosfera.

2.1. Sobre a emisión de po.

Co fin de diminuí-la emisión de po á atmosfera, que se poida producir pola execución dos accesos e polos labores de escavación para a cimentación dos apoios, procederase, en períodos de seca, á humectación das zonas onde se estean realizando estes traballos, especialmente nas zonas poboadas e nas que teñan vexetación de interese, segundo o indicado no estudio ambiental.

2.2. Sobre a contaminación acústica

Os niveis de presión sonora non poderán supera-los valores límite de recepción para ruído ambiente exterior establecidos no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como, se é o caso, o establecido nas ordenanzas municipais ó respecto.

Para tal fin, presentarase unha proposta de seguimento do nivel de ruído para a fase de construcción da liña, conforme o requirido no punto 11.1 desta DIA.

Terase en conta que as medicións deben ser efectuadas por entidade homologada por esta dirección xeral, e os informes de resultados presentaranse asinados por técnico da entidade realizadora da medición.

3. Protección das augas e leitos fluviais.

Calquera actuación ou afección nas zonas de servidume e policía dos cursos de auga, así como calquera captación ou vertido, precisará da autorización do órgano de conca competente segundo o caso, conforme o establecido no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas, axustándose ás directrices do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa.

As obras non poderán afectar a calidade e ó volume das augas que teñan por finalidade o abastecemento público dos núcleos e das zonas de afección das construccións, tendo prioridade este servicio fronte a calquera outro.

Extremaranse as precaucións na execución de obras nas zonas de afección á rede hidrolóxica, adoptando tódalas medidas protectoras e correctoras necesarias. Nos terreos próximos ós cursos de auga, instalaranse mallas ou outros dispositivos para evita-la escorrega, impedindo a incorporación de sólidos ás augas.

Non se acumularán terras, entullos, material de obra nin calquera outro tipo de materiais ou substancias nas zonas de servidume e policía dos cursos fluviais e áreas hidromorfas, nin interferindo na rede natural de drenaxe, para evita-la súa incorporación ás augas no caso de chuvias ou escorrega superficial. Non está permitido o lavado de maquinaria e materiais nos cursos de auga.

Non estando prevista no estudio de impacto presentado a reserva dunha zona para a fabricación

de formigón, este, necesariamente, será provisto desde planta ou plantas fóra da obra, e que conten coas debidas autorizacións.

Calquera operación de formigonado próxima ós leitos dos ríos deberase realizar en condicións estancas, evitando en todo momento o contacto ou derrame de formigón.

4. Protección do solo.

Realizarase unha delimitación das zonas de obra, estando prohibido invadir terreos fóra dos inicialmente previstos. A circulación de maquinaria restrinxirase ós accesos previstos.

Aproveitarase ó máximo a rede de camiños xa existentes, co fin de minimiza-la construcción de novos tramos de acceso, segundo o indicado no estudio ambiental.

Nos movementos de terras equilibrarase ó máximo o volume de desmonte co de terrapléns. No caso de que se produzan sobrantes de terras, estes deberán ser levados a lugar autorizado por órgano competente.

Nos terreos de forte pendente utilizaranse apoios con patas desiguais co fin de minimiza-lo terreo afectado polas escavacións.

A capa edáfica ou horizonte vexetal do solo será retirada previamente ós labores de escavación e execución de accesos, e amoreada coas seguintes características, dependendo do seu uso final:

-No caso de reutilizala na restauración, os amoreamentos non superarán os dous metros de altura.

-No caso de abandono, a altura máxima permitida dos amoreamentos será de 50 cm, e a revexetación deberá ser inmediata.

Os lugares de amoreamento de terra vexetal estarán fóra do tránsito da maquinaria, para evita-la súa compactación, de xeito que non perda a súa calidade e poida ser empregada posteriormente nos labores de restauración. No caso de que pasen máis de seis meses deberá airearse. Así mesmo, a zona de instalación debe ter pendentes suaves e escaso valor ambiental.

5. Xestión de residuos.

Tódolos residuos que se xeren como consecuencia da instalación, explotación e desmantelamento da L.A.T. deberán ser xestionados en función da súa natureza e conforme a lexislación vixente, primando a reciclaxe ou reutilización fronte ó vertido.

Os residuos almacenaranse en contedores ata a súa entrega a xestor autorizado, atendendo ós criterios de almacenamento establecidos na lexislación vixente e sinalizando claramente a súa presencia.

Os labores de limpeza, mantemento e reparación da maquinaria durante a fase de obras realizaranse en talleres autorizados, eliminando así o risco de derrames accidentais de substancias contaminantes. Cando isto non sexa posible polas características

da maquinaria (mobilidade restrinxida), estas tarefas realizaranse na zona destinada a instalacións de obra, protexendo o solo con materiais impermeables e dispoñendo os medios necesarios para a recollida de posibles vertidos.

Ó finaliza-las obras, e antes do inicio da fase de explotación, deberán terse retirado e xestionado a totalidade dos residuos de obra.

Mentres non se produzan as sucesivas entregas ó xestor autorizado, durante a fase de construcción os contedores localizaranse na zona de instalacións de obra.

6. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

6.1. Sobre a fauna.

Respecto á avifauna, adoptaranse as medidas preventivas e correctoras descritas na documentación avaliada e levarase a cabo o plan de seguimento de avifauna proposto no estudio ambiental, co fin de comprobar se se producen colisións e/ou electrocucións de aves co tendido, identificando en qué zonas se producen e que especies son afectadas.

Así mesmo, efectuarase un seguimento das posibles sinerxias entre a L.A.T. e os parques eólicos da zona, segundo o indicado no documento titulado Documentación complementaria ó Es.I.A. Madrid. Abril 2003.

O plan de seguimento de avifauna proposto deberá ser completado segundo o requirido no punto 11.2 da DIA.

6.2. Sobre a vexetación.

A eliminación da vexetación nas diferentes zonas afectadas polas obras reducirase ó estrictamente necesario e seguindo os criterios da lexislación vixente, polo que se deberá mante-la zona de servidume en condicións que impidan a propagación de lume e, se é o caso, faciliten a súa extinción.

Como excepción ó indicado no parágrafo anterior, deberase conservar ou, se é o caso, producir unha mínima afección á vexetación de ribeira, árbores e rodais singulares, especies endémicas, singulares e/ou protexidas.

No caso dos accesos ós apoios por rodadura, deberase utilizar métodos de roza que permitan unha rápida rexeneración da cuberta vexetal orixinaria, a excepción dos que transcorran por debaixo do tendido. No caso de achega dalgún tipo de material de recheo e/ou xeotéxtil deberá ser retirado na súa totalidade.

En calquera caso, previamente á corta de arboredo realizarase a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso, conforme ó disposto no Regulamento de montes.

Para calquera aproveitamento, utilización ou modificación da vexetación de ribeira aplicarase ó disposto na Resolución do 27 de maio de 2002 (e posteriores correccións de erros), da Consellería de

Medio Ambiente, relativa á tramitación e resolución dos expedientes de autorización para sementeiras, plantacións e corta de árbores en terreos de dominio público hidráulico, e para o aproveitamento e utilización da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos.

Será preciso xestiona-la biomasa vexetal eliminada, primando a súa valorización, tendo en conta que non se pode proceder á queima destes restos. No caso de que sexa depositada sobre o terreo, deberá procederse á súa trituración e espallado homoxéneo, para permitir unha rápida incorporación ó solo e diminuí-lo risco de incendios forestais.

Tódolos terreos afectados, deteriorados ou deforestados pola execución das obras (instalación dos apoios, execución de accesos...) deberán ser restaurados e revexetados, restituíndo a vexetación autóctona presente na zona e favorecendo a recuperación do solo e a reinstalación da vexetación orixinal. Así mesmo, garantirase o mantemento da revexetación ó longo do tempo.

Aqueles accesos que non vaian ser empregados durante a fase de funcionamento da liña deberanse reintegrar na paisaxe, revexetándoos en toda a súa extensión.

Para tal fin, desenvolverase o plan de restauración ambiental incluído como anexo no documento titulado Documentación complementaria ó Es.I.A. Madrid. Abril 2003.

6.3. Sobre os hábitats naturais.

Prestarase especial atención en non compromete-la persistencia dos hábitats naturais prioritarios e/ou de interese comunitario presentes na área de influencia da liña, asegurando o seu mantemento ou restablecemento nun estado de conservación favorable, tal como se establece na Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres.

A dirección de obra deberá dispoñer de planos detallados da distribución dos hábitats de interese comunitario, e será asesorada en todo momento das condicións para a súa protección.

En calquera caso, durante as fases de replanteo, apertura ou acondicionamento de accesos e instalación da liña, realizarase un seguimento por parte do responsable ambiental do proxecto, co obxecto de verificar que non se producen impactos imprevistos e que se adoptan as medidas protectoras e correctoras necesarias para a súa preservación, tanto as indicadas na documentación avaliada como as establecidas nesta declaración.

Así mesmo, poderá solicitarse a adopción de medidas compensatorias, de estimarse necesarias no seu momento.

No caso de que se detectase algún impacto non previsto na documentación presentada polo promotor ou na presente declaración, tomaranse as medidas oportunas para paraliza-la actuación, poñendo en

coñecemento desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a incidencia detectada, que a avaliará e emitirá informe sobre a conveniencia ou non de continua-la actuación nesas circunstancias.

7. Protección do patrimonio cultural.

Cara a evitar posibles afeccións establécese unha área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio cultural, cun raio de 100 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado. A realización de calquera tipo de obra nestas áreas precisará o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Así mesmo, evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas.

No caso do impacto severo sobre o xacemento Petroglifos do Campo da Uz, establécese unha área de exclusión de 55 m medidos desde o límite exterior dos bens documentados. A realización de calquera tipo de obra nestas áreas precisará do informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Asemade, evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas.

Previo ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural no que se incluirá:

* O rexistro documental exhaustivo dos Petroglifos do Campo da Uz, que permitan identificar e recoñece-los diferentes motivos representados.

* A sinalización na fase previa ó inicio das obras de construcción da liña, dos afloramentos rochosos onde se localizan os Petroglifos do Campo da Uz, de acordo co estudio de impacto ambiental.

* Control e seguimento arqueolóxico das obras de acordo coas medidas correctoras recollidas no estudio de impacto.

* Como anexo ó proxecto arqueolóxico, deberase recoller, na cartografía empregada polo persoal da obra durante o seu transcurso, un plano no que figuren as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control e seguimento arqueolóxico). Este plano incorporará os textos necesarios para a súa compresión.

De acordo cos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha das fases da obra, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo revisaranse os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

8. Protección dos valores paisaxísticos.

O conxunto de elementos que configuran a liña, principalmente os accesos de nova creación, os noiros e os terrapléns, deberán integrarse na paisaxe.

Se os afloramentos rochosos existentes na zona tivesen interese xeomorfolóxico ou paisaxístico deberán ser preservados de calquera dano. Se isto implicase o desvío dalgunha infraestructura ou instalación, aplicarase o indicado no punto 13.4 desta DIA.

Co fin de compensa-lo impacto paisaxístico deberanse desenvolve-las medidas compensatorias contidas nos documentos titulados Documentación complementaria. Maio 2003 e Proposta da rede de miradoiros paisaxísticos.

9. Outras medidas.

No caso de deterioración de camiños ou calquera outra infraestructura ou instalación preexistente debido ós traballos de instalación da liña, deberá restituírse a súa calidade ós niveis previos ó inicio das obras.

A realización do proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que se refire ó uso e defensa destas. Para o cruzamento do corredor CRG 2.1 (Chantada-Lalín) e a encrucillada da estrada C-533 (Monforte-Chantada-Lalín) requirirase a expresa autorización do Servicio Provincial de Estradas.

10. Fase de abandono.

Ó longo da fase de abandono, unha vez rematada a vida útil da liña de alta tensión, procederase, con carácter xeral, á desmontaxe e retirada dos apoios, retirada de calquera tipo de elemento susceptible de provocar contaminación, sendo entregados todos eles a xestor autorizado para a súa correcta eliminación e/ou reciclaxe. Así mesmo, restauraranse os accesos creados para a desmontaxe da liña.

A este respecto, deberase levar a cabo o plan de desmantelamento e abandono da liña incluído no documento titulado Documentación complementaria ó Es.I.A. Madrid. Abril 2003.

Nesta fase recoméndase non extrae-los cables soterrados, xa que o impacto ambiental que se produciría é maior do que supón o abandono dos cables no terreo.

11. Documentación adicional.

Previamente ó inicio das obras, o promotor presentará perante o órgano substantivo, que dará traslado a esta dirección xeral para a súa valoración e, se procede, imposición de medidas protectoras e/ou correctoras adicionais que se deriven, tres (3) exemplares da seguinte documentación:

11.1. Proposta de plan de seguimento do nivel de ruído para a fase de obras, conforme á Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica e o Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o regulamento da antedita lei, no que se inclúa:

* Proposta xustificada de puntos de control, centrándose nas vivendas existentes a menos dun quilómetro do trazado da L.A.T. Xuntaráselle un plano

de localización dos puntos de control a escala mínima 1:25.000 e dunha táboa coa distancia dos puntos ó trazado da L.A.T.

* Proposta metodolóxica para o control das emisións, indicando a frecuencia das medicións que se efectuarán.

* Resultados dunha medición na fase preoperacional, en tódolos puntos propostos. As medicións deben ser efectuadas por entidade homologada por esta dirección xeral e os informes de resultados deben estar asinados polo técnico da entidade realizadora da medición. Os resultados incluirán, sen detrimento dos percentís L, L e L, o parámetro Leq.

11.2. Addenda ó plan de seguimento da incidencia da L.A.T. sobre a avifauna, na que se inclúan os seguintes puntos:

* Nova proposta de revisión da traza da L.A.T. tendo en conta que se ten que revisa-la totalidade da lonxitude la L.A.T., sempre que sexa tecnicamente posible.

* Proposta xustificada de instalación dos dispositivos salvapaxaros, xunto con planos nos que se indiquen os lugares de localización.

* Definición das medidas que se deberán tomar no caso de acada-lo limiar inadmisible indicado no documento titulado Documentación complementaria ó Es.I.A. Madrid. Abril 2003.

* Desenvolvemento da proposta de valoración conxunta dos resultados de seguimento da avifauna entre a L.A.T. e os parques eólicos indicada no documento titulado Documentación complementaria ó Es.I.A. Madrid. Abril 2003.

11.3. Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de obras, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

11.4. Copia da autorización do proxecto arqueolóxico para a realización do control e seguimento arqueolóxico durante a fase de obras, conforme o indicado no punto 7 da presente DIA. En ningún caso poderán iniciarse as obras sen a autorización expresa da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, respecto do indicado neste punto.

Unha vez avaliada a antedita documentación, remitiráselle ó promotor o seu resultado, non podendo proceder ó inicio das obras ata que conte co informe favorable desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sobre a totalidade da documentación requirida.

Unha vez remitido informe favorable desta dirección xeral sobre o cumprimento dos puntos anteriores, o promotor comunicará a esta dirección xeral a data de inicio das obras, remitindo, como mínimo 48 horas antes do seu comezo, o cronograma estimado de obras, que conteña tódalas actividades, incluíndo

as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, as datas de inicio e fin e a duración prevista.

12. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras recollidas na documentación avaliada e no condicionado da presente declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, coa periodicidade indicada, tres (3) copias da seguinte documentación:

12.1. Durante a execución das obras, presentarase con carácter trimestral:

a) Cronograma de obras actualizado, con tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, a porcentaxe de execución respecto ó total. No cronograma figurará a data de actualización e os sucesivos cronogramas virán numerados correlativamente.

b) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, onde se describa o desenvolvemento dos traballos, controis ambientais efectuados (indicando datas das visitas), resultados da aplicación das medidas protectoras e correctoras, incidencias ou imprevistos acontecidos, protección dos hábitats naturais, etcétera. O informe reflectirá o cumprimento das condicións establecidas na declaración, en relación a tódolos aspectos incluídos ou derivados dela. Nas fotografías indicarase a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización.

c) Plano en planta, dotado de coordenadas UTM, a escala 1:10.000 ou maior detalle, onde se reflicta o avance dos traballos e porcentaxe de execución das obras respecto ó total, referida ós distintos elementos que conforman o proxecto: accesos, implantación de apoios, tendido de cables, así como unha lista da localización real dos apoios en coordenadas UTM.

d) Resultados do plan de seguimento do nivel de ruído, conforme o punto 11.1 da DIA.

e) Informe dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos na fase de obras, cos parques eólicos e liñas do contorno.

12.2. Ó final das obras, comunicarase a data prevista para a posta en funcionamento da liña e presentarase, no prazo máximo de dous (2) meses desde o remate dos traballos, un informe fin de obras co seguinte contido mínimo:

a) Definición dos imprevistos e continxencias acontecidas durante a realización das obras, en rela

ción a tódolos aspectos incluídos nesta DIA, e descrición detallada do estado final da área afectada.

b) Plano en planta, dotado de coordenadas UTM, a escala 1:10.000 ou maior detalle, onde se reflictan tódalas accións de obra realizadas e os distintos elementos implantados, así como as zonas onde se realizaron medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.

c) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados na fase de obra.

d) Reportaxe fotográfica que amose con detalle os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os apoios, rúas para o tendido dos cables, estado de limpeza da área, en especial das zonas de instalacións de obra, así como das zonas onde se efectuaron medidas protectoras e correctoras. Nas fotografías indicarase a data e hora, acompañándoas dun plano de localización.

12.3. Informe de seguimento ambiental, de periodicidade semestral contado desde o inicio da posta en servicio da liña, durante os dous primeiros anos desta. Este informe incluirá, como mínimo, os seguintes contidos:

a) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, no que se recollan os resultados do plan de restauración e revexetación, indicando os avances no proceso de rexeneración da cuberta vexetal en tódalas zonas afectadas polas obras, e aquelas nas que se aplicasen medidas de protección contra a erosión. Nas fotografías indicarase a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización.

b) Resultados do plan de seguimento de avifauna, conforme o indicado no punto 6.1 da DIA.

c) Informe dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos. Prestarase especial atención á avifauna e hábitats protexidos, indicando as medidas protectoras e/ou correctoras adoptadas no caso de producirse a aparición deste tipo de efectos.

Á vista dos resultados obtidos durante os dous primeiros anos de explotación da liña, establecerase a periodicidade e contidos dos sucesivos informes de seguimento ambiental.

12.4. Informe previo ó abandono: no prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación da liña, remitirase o cronograma previsto das actuacións de desmantelamento e abandono da instalación. De se-lo caso, xuntarase un informe indicando as posibles variacións respecto do previsto no plan presentado polo promotor, xunto coa súa xustificación.

12.5. Informe posterior ó abandono: no prazo de dous (2) meses contados desde o fin das accións para o desmantelamento e abandono da instalación, remitirase un informe que conteña a descrición detallada das actuacións levadas a cabo, con especial mención á xestión aplicada ós residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas. Acompañarase de reportaxe fotográfica que reflicta o estado final da área, unha vez rematados os labores de abandono e realizada a oportuna revexetación.

No caso de que se detecten, como resultado deste seguimento en calquera das súas fases, impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicarase inmediatamente a esta dirección xeral, propoñéndose as medidas correctoras precisas para corrixilas.

13. Condicións adicionais.

13.1. Para efectos de seguimento da presente declaración, o órgano substantivo comunicará a este órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

13.2. As condicións sinaladas nesta declaración de impacto ambiental (DIA) son de obrigado cumprimento para a empresa promotora. Nembargantes, o promotor poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas, co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación, ou implicasen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican nesta declaración.

Nesta circunstancia, o promotor realizará a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase no prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada a presente DIA polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental procederá á súa avaliación, comunicando o acordo adoptado ó promotor, quen non poderá comeza-las obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral para o efecto.

13.3. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificando o seu nomeamento ó órgano substantivo, que o comunicará ó órgano ambiental.

13.4. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada deberá elaborarse tendo en conta a variable ambiental e será notificado previamente, a través do órgano substantivo, a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, que o avaliará e decidirá sobre a súa aceptación, comunicando asemade se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

13.5. Previamente ó inicio das obras, o promotor deberá depositar un aval para garanti-lo cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ó medio natural e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.

Proponse como importe do aval, que será actualizable e deberá fixa-lo órgano substantivo, a cantidade de douscentos mil novecentos trinta e cinco euros con

oitenta e seis céntimos de euro (200.935,86 A) correspondente ó orzamento de restauración nas fases de obra (30.270,93 A) e desmantelamento (170.664,93 A) da L.A.T.

13.6. O órgano ambiental, a iniciativa propia ou a proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera momento e só para os efectos ambientais, condicionados adicionais á presente declaración, en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non previsto actualmente.

13.7. Se unha vez emitida esta declaración se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o medio natural, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que estes sexan corrixidos.

13.8. O incumprimento total ou parcial, por parte da empresa promotora, das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.

13.9. Deberán efectuarse os trámites oportunos para a publicación da DIA no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto no artigo 5.7º Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.

ANEXO I

Resumo do proxecto

A liña prevista conectará a subestación do parque eólico Farelo coa subestación denominada Faro, e estará composta ata o apoio nº 19 por un circuíto a 132 kV e a partir do apoio nº 19 por dous circuítos, un de 132 kV e outro de 30 kV. Así mesmo, disporá de cable de terra e fibra óptica OPGW, con illadores, sobre apoios metálicos de celosía.

As medidas protectoras e correctoras propostas na documentación avaliada inclúen as seguintes:

* Medidas preventivas e correctoras sobre a fauna.

* Medidas preventivas e correctoras sobre a atmosfera.

* Medidas preventivas e correctoras sobre campos eléctricos.

* Medidas preventivas e correctoras sobre ruídos.

* Medidas preventivas e correctoras sobre o solo.

* Medidas preventivas e correctoras sobre a hidroloxía.

* Medidas preventivas e correctoras sobre a vexetación.

* Medidas preventivas e correctoras sobre a paisaxe.

* Medidas preventivas e correctoras sobre o patrimonio histórico-artístico.

* Medidas preventivas e correctoras durante a fase de abandono das instalacións.

ANEXO II

Resumo das consultas a organismos

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite informe favorable sobre estudio de impacto ambiental da L.A.T., aceptando as medidas correctoras do estudio de impacto sobre o patrimonio cultural, cos seguintes condicionantes:

1. Para evitar posibles afeccións establécese unha área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio cultural, cun raio de 100 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado. A realización de calquera tipo de obra nestas áreas precisará o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Así mesmo, evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas.

2. No caso do impacto severo sobre o xacemento Petroglifos do Campo da Uz, establécese unha área de exclusión de 55 m medidos desde o límite exterior dos bens documentados. A realización de calquera tipo de obra nestas áreas precisará do informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Así mesmo, evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas.

3. Previamente ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural no que se incluirá:

* O rexistro documental exhaustivo dos Petroglifos do Campo da Uz, que permitan identificar e recoñece-los diferentes motivos representados.

* A sinalización na fase previa ó inicio das obras de construcción da liña, dos afloramentos rochosos onde se localizan os Petroglifos do Campo da Uz, de acordo co estudio de impacto ambiental.

* Control e seguimento arqueolóxico das obras de acordo coas medidas correctoras recollidas no estudio de impacto.

* Como anexo ó proxecto arqueolóxico, deberase recoller, na cartografía empregada polo persoal da obra durante o seu transcurso, un plano no que figuren as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control e seguimento arqueolóxico). Este plano incorporará os textos necesarios para a súa compresión.

4. De acordo cos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha das fases da obra, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e se valorará a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

5. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza emite dous informes. No primeiro conclúe:

1. Incidencia sobre hábitats de interese comunitario.

O estudio expón a presencia (tanto na escrita como na representación gráfica) de parte do proxecto no Espacio Natural Monte Faro, tamén fai inventario dos hábitats presentes no espacio; nembargantes omite os que se van ver afectados polo trazado, en qué magnitude, e qué medidas se pensa adoptar para eliminar, minimizar ou compensar esta.

De acordo co noso inventario de hábitats, os apoios antes citados localízanse sobre hábitats do tipo uceiras secas europeas e uceiras oromediterráneas endémicas con toxo, ningún dos cales está considerado como prioritario. De todos modos, de xustificarse finalmente que a solución proposta é a menos impactante, a afección introducida pola implementación da liña podería compatibilizarse coa continuidade do hábitat afectado, sustentando, por tanto, as posibilidades do mantemento destes nun estado de conservación favorable. Nembargantes, de ser preciso, deben presentarse medidas compensatorias.

Nin que dicir ten que a afección ó espacio natural protexido será a mínima posible e imprescindible, obviándose calquera acción susceptible de producirse fóra da área de influencia deste.

2. Medio biótico.

O estudio ambiental presenta numerosos planos nos que se representa o medio biótico, e en concreto as formacións vexetais, tal que:

-Forestal.

-Cultivos e aproveitamentos.

-Manchas de vexetación.

-Planta e perfil.

Unha característica salientable é que tralo cotexo dos 4 tipos de planos se observa que entre os 2 primeiros, tanto entre si, como entre estes e os 2 últimos, non existe concordancia.

Suponse que os dous primeiros teñen unha función de aproximación, encamiñada fundamentalmente á selección inicial de alternativas; nembargantes, ademais de non explicitarse este feito, non poderiamos estimalo como válido, fundamentalmente pola disonancia na distribución das unidades vexetais, aínda que tamén poderíamos engadir que hai unha falta de ratificación destes planos co traballo de campo.

Por outra banda, se partimos da validez do terceiro e cuarto tipos de planos e supoñemos que teñen un maior detalle e calidade, tanto na descrición como no traballo de campo (aínda que esto último non se explicita), atopámonos con outro problema, tanto de nomenclatura como de cualificación (e isto sen facer referencia ó distinto tipo de tipificación que se fai na escrita e logo na gráfica), problema detectado no modo de identifica-las formacións vexetais, tal que:

-Se distinguen frondosas; sen por isto discernir qué frondosas (poden ser eucaliptos ou carballos).

-Se distingue monte alto; aquí imaxinamos que se refiren a arboredo, máis a definición anterior tamén podería incluírse nesta, co cal non sabemos que arboredo hai realmente, de referirse a isto.

-Se distingue monte baixo; aquí imaxinamos que se refire a formacións de matogueiras, mais isto non se sabe, é aínda sendo así, non se cualifica qué tipo de matogueira.

Deberá facerse a descrición de acordo cos conceptos idóneos de monte alto, baixo e medio, especificando os aspectos cualitativos e cuantitativos pertinentes, de se-lo caso.

Segundo a nomenclatura que eles empregan, atopámonos cunha afección a zonas arborizadas de 7,4 ha, equivalente a 1.779 metros lineais do tendido, das cales aproximadamente un tercio pertencen a frondosas, ocupando o resto monte baixo, prado e terra de cultivo.

As actuacións que se van realizar sobre a vexetación preexistente non veñen descritas con suficiencia, e aínda que se apela a un proceso de corta selectiva de vexetación como consecuencia da presencia dun ICL compatible (índice de compatibilidade coas rúas das liñas de alta tensión), non se describe nin desenvolve esta recomendación (de todos modos, deben facerse propostas efectivas de actuación e non recomendacións).

Á vista do anterior e para minimiza-lo impacto propóñense os seguintes criterios que deberán considerarse, describirse e desenvolverse:

-Mantemento das especies autóctonas, para o que se procederá a sobreelevación dos apoios. No caso de seren precisas podas e bravádegos (especificarase a altura que se vaia acadar), seguiranse prácticas silvícolas adecuadas, con especial fincapé nos tratamentos sanitarios: agardarase ás épocas axeitadas de corta, manterase unha proporción adecuada entre a parte aérea e sistema radicular, e aplicaranse os productos cicatrizantes oportunos.

-No caso de cruzamento de masas mixtas (autóctonas e alóctonas), farase a eliminación das alóctonas e/ou pirófitas e favorecerase o desenvolvemento das autóctonas, procedendo ó enriquecementos das masas en caso de ser necesarias.

-No cruzamento dos cursos fluviais respectarase a vexetación de ribeira, de existir, e de non ser así, deixarase á altura suficiente para que esta poida implantarse, tomando as medidas precisas para que isto último aconteza.

-Se ben os bravídegos estarán, de se-lo caso, limitados a un mínimo no centro do van, a medida que nos afastamos deberán manter unha proporción concordante co incremento de altura da catenaria.

-A apertura da faixa precisa para o tendido do cable, será estrictamente necesaria. Unha vez izado este, procederase á selección dos brotes de cepa das especies autóctonas que previamente tivesen que cortarse, deixando un por cepo.

-Os apoios localizaranse en áreas de baixo valor ambiental. De acordo con isto buscaranse alternativas de localización para os apoios nº 10 e 33, que se localizarían sobre frondosas.

-Nas áreas onde se faga precisa a eliminación de especies arbóreas (por seren pirófitas ou presentaren outras incompatibilidades coas liñas), e a ámbolos dous lados haxa arboredo, procederase á substitución do cortado por especies arbóreas ou arbustivas correspondentes ó ámbito bioxeográfico. En ningún caso se farán plantacións monoespecíficas, debendo buscar masas que tendan ó equilibrio (de todos modos, será precisa a realización do oportuno proxecto, que considere as particularidades da calidade de estación en cada tramo e, en función disto, describa correctamente a elección de especies, métodos de repoboación, tratamento da vexetación preexistente, preparación do solo, coidados posteriores das repoboacións e coidados complementarios).

-A zona onde deban introducirse modificacións na vexetación será a mínima posible, seguindo para isto un tratamento da rúa que considere entre os criterios de deseño o de largo variable das rúas.

En definitiva farase un tratamento integral da rúa, programación que deberá incluí-los puntos anteriores, entre outros (para máis información sobre este tipo de rúas véxase a publicación Inventario da Flora Ibérica Compatible coas Liñas de Alta Tensión 2ª Edición Correxida e Actualizada. Red Eléctrica de España. Madrid, 2001).

Para o desenvolvemento anterior, dada a magnitude e importancia dunha boa planificación, deberá presentarse un proxecto técnico realizado por técnicos cualificados.

Deben entenderse as propostas anteriores como medidas de carácter corrector, protector ademais de compensatorio, que tratan de equilibra-los impactos de índole paisaxística e ecolóxica inherentes a este tipo de proxectos, mediante labores de mellora ecolóxica e paisaxística. Lémbrese, a este respecto, que un dos principios inspiradores da normativa ambiental esgrime a necesidade de internalización dos custos ambientais, tendo en conta, no sentido amplo, o principio de quen contamina paga. De acordo con este principio deben establecerse medidas compensatorias (ademais das correctoras e protectoras) que deberán ser asumidas e programadas como un elemento máis do proceso productivo.

3. Vías.

En canto ás vías precisas para a colocación da liña, e expóñense unha serie de requisitos que se han de cumprir; arguméntase que o estudio detallado se fará na fase de replanteo, fase para a cal se coida oportuno que se incorporen os seguintes aspectos, ademais dos xa propostos:

-Para as pistas, ou vereas abertas durante a fase de execución, haberá que xustifica-la súa necesidade

futura, procedendo á súa restauración en caso contrario; en todo caso para aquelas que sexa preciso o seu mantemento realizaranse os pertinentes labores de estabilización, para evitar procesos erosivos.

-Recomendamos que os accesos que se implementen se constitúan por rodadura dos vehículos empregados na execución, adoptando as medidas precisas para evita-la formación de rodeiras e a compactación do terreo. Estímase por tanto que é preciso implementar dispositivos temporais para evita-los efectos anteriores (acceso en período de tempero adecuado, disposición de fibras vexetais nas zonas de rodadura susceptibles de producire rodeiras ...).

-En caso de se producir rodeiras, procederase a súa esplanación. Como xa se mencionou as rodeiras deben ser evitadas pola adopción de medidas adecuadas.

-Como xa se comentou, deberanse adoptar medidas que eviten a compactación, que poden solaparse coas adoptadas para evita-las rodeiras. Se aínda así se produce compactación, procederase á restitución do terreo ás condicións anteriores á alteración. O grao de compactación debe ser cuantificado para sopesa-la necesidade de adoptar medidas, empregando aparatos e metodoloxías de medición normalizados.

-Farase conveniente que se delimite fisicamente o trazado co fin de evitar maiores intrusións.

-Indicarase cómo e en qué condicións se efectuará a retirada da vexetación existente nas zonas de tránsito.

4. Clase aves.

O estudio propón a adopción dunha serie de medidas de anticolisión e antielectrocución.

A este respecto, cómpre dicir que as medidas propostas deberán facerse efectivas; ademais, engadimos que os dispositivos anticolisión deberán manterse operativos durante a vida útil da instalación eléctrica, procedéndose á súa substitución antes de deixar de ser efectivos.

Terá tamén que facerse un plan de seguimento das poboacións de avifauna, tal que considere, entre outros, os seguintes aspectos:

a) Presentación con regularidade periódica dos resultados obtidos (debe establecerse a priori).

b) Tocante á frecuencia de mostraxe deben terse en conta as particularidades estacionais e locais a hora de efectuar estes, e por tanto, na determinación da periodicidade súa (épocas migratorias, de reproducción, ou inicio do voo).

c) Presentación, e de forma explícita, dos datos empregados na consecución dos resultado (datos do inventario); condicións meteorolóxicas durante a toma de datos; zonas de mostraxe (mapificación); factores de corrección; desenvolvemento estatístico, etc. En resumo, todo o contido analítico e conceptual

debidamente desenvolto para a obtención dos referidos resultados.

d) A liña de alta pode ocasionar unha mortandade de aves desprezable durante moitos anos, e pode provocar despois repentinamente (durante unha xustaposición casual de certa bandada de aves con certas condicións meteorolóxicas adversas e certa alteración) unha mortandade espectacular de centos de aves nunha soa noite. Por conseguinte, poderíase argumentar que non poden cuantificarse taxas de mortaldade específicas, salvo despois de moitas décadas de estudio exhaustivo.

Isto leva a propoñer que, o plan debería formularse para que se solape en duración co tempo de afección do proxecto, ou sexa, durante a súa vida útil.

e) Implantaranse as medidas mínimas para a detección de calquera impacto negativo imprevisto que se poida producir sobre as poboacións de aves, tanto durante a execución como a explotación. Unha vez detectado o posible impacto adoptaranse as medidas cautelares que procedan, dando comunicación inmediata dos feitos ó organismo competente.

f) Determinación de limiares de alerta. Estes limiares débense acotar cunha metodoloxía rigorosa, explícita, susceptible de comparación e cos criterios máis cuantitativos posibles, ademais dos cualitativos. Ademais, a determinación destes limiares debe servir para a adopción das medidas oportunas, como pode ser colocación de dispositivos disuasorios ou de protección.

5. Rozas e cortas.

No tocante ás rozas e cortas de vexetación arbórea (para estas cortas aplicarase ó disposto na lexislación correspondente) deben considerarse e desenvolverse unha serie de aspectos:

a) Toma das precaucións necesarias para non afectar ós valores naturais que están protexidos pola lexislación vixente. No caso de detectar algún destes elementos, procederase á súa delimitación, así como á adopción das medidas precisas para garanti-la súa preservación.

b) Para levar a cabo os labores de corta e roza escolleranse aquelas que estean fóra das épocas de nidificación e cría para a fauna, implementando en todo caso as medidas necesarias para non altera-la fauna.

Afección a montes xestionados pola Xunta de Galicia.

Dous dos apoios afectan a outros tantos montes xestionados pola Xunta de Galicia (Servicio de Montes e Industrias Forestais) da provincia de Lugo.

O apoio nº 2 localízase sobre terreos do monte Pico do Alto, no concello de Antas de Ulla, pertencente á parroquia de Sta. Cristina de Areas, en réxime de consorcio coa Consellería de Medio Ambiente.

O apoio nº 48 localízase sobre terreos do monte La Llanada, no concello de Chantada, pertencente á Sociedade Agraria de Transformación nº 4.619, en réxime de convenio coa Consellería de Medio Ambiente.

Afección a terreos cinexéticos.

O proxecto transcorre por unha serie de Tecor (terreos cinexeticamente ordenados), en concreto:

-LU-10.034 denominado Santa Mariña, dos concellos de Antas de Ulla e Palas de Rei. Titularidade: Sociedade de Cazadores Santa Mariña.

- LU-10.256 denominado Santa Bárbara, do concello de Chantada. Titularidade: Sociedade de Cazadores Santa Bárbara.

Rematamos expoñendo, por todo o subliñado, a necesidade de cumpri-las observacións feitas neste informe, co obxecto de facer unha correcta avaliación ambiental do proxecto.

Emítese o presente informe sempre dentro do noso ámbito competencial, así como con base no procedemento no que se integra a súa solicitude; evacúase, polo tanto, sen prexuízo doutras comunicacións, autorizacións e/ou informes que sexan precisos.

No segundo informe, emitido sobre o documento titulado Documentación complementaria ó Es.I.A. Madrid. Abril 2003, conclúe o seguinte:

Esta documentación xorde como consecuencia das peticións que esta unidade administrativa efectuou no informe anterior a este. Debemos dicir ó respecto deste documento, que segundo o solicitado, e salvo matizacións, esta é exhaustiva e esmerada, máis tendo en conta das reunións efectuadas coa Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais desta mesma Consellería de Medio Ambiente debemos reconsidera-los termos da solicitude que se efectuou no seu momento.

Os motivos básicos que nos levan a este cambio de posicionamento son:

1. O número de incendios que teñen como causa certa as liñas eléctricas é importante, se ben se sospeita que un número maior podería ser atribuído a esta causa. É por tanto necesario, toma-las medidas conducentes a minimiza-lo risco de incendios, por isto, o emprego das rúas por onde discorren as liñas eléctricas como devasas, é primordial para a diminución do risco. Así mesmo, estas liñas, se teñen as dimensións axeitadas, diminuirán as devasas que se realicen no monte e diminuirán consecuentemente, o impacto ambiental por acumulación de infraestructuras deste tipo.

2. A adopción de medidas axeitadas impedirá a aparición de incendios ocasionados polos cortocircuítos provocados polas liñas, fundamentalmente naquelas liñas máis antigas e peor conservadas.

3. Por outra banda, non se comentou nada sobre a dificultade da extinción baixo as liñas aéreas de alta tensión e o perigo que encerra, dado que non

é posible a utilización de medios aéreos nestas zonas tendo que realiza-lo ataque de modo directo, con auga e batelumes, por iso a conveniencia de mante-las rúas limpas de toda vexetación para o acceso do combatente ó lume, permitindo que se realicen con menor dificultade os tendidos de mangueira e aproveitando a propia rúa como posible vía de escape en caso de necesidade.

Polo anteriormente exposto reconsiderámo-la nosa posición no tocante ó mantemento, baixo certos criterios, de determinada vexetación baixo as liñas eléctricas, coidando como máis oportuno a consideración dos seguintes aspectos:

Os titulares de tendidos eléctricos deben mante-la zona de servidume sobre a que se desenvolven estes tendidos en condicións de impedi-la propagación do lume e facilita-la súa extinción.

As liñas eléctricas de alta tensión, de evacuación ou distribución, deberán considerarse para efectos da Lei e Regulamento de incendios forestais como instalacións industriais.

En relación coa apertura e o mantemento das rúas nas zonas onde discorren as liñas de distribución de enerxía eléctrica, as súas dimensións mínimas veñen definidas, tanto na Lei e Regulamento de incendios forestais como nos decretos 3151/1968 e 275/2001. É dicir, as rúas deberán estar limpas de todo tipo de vexetación de forma permanente e durante toda a vida útil da liña eléctrica, nos montes situados dentro do territorio da Comunidade Autónoma.

No tocante ás dimensións mínimas das rúas, estas determinaranse en función da lexislación sectorial aplicable; non obstante, e dependendo da topografía do terreo, ventos e da vexetación determinarase o seu largo, minimizando o risco de lumes nestas zonas. Sería ideal realizar unha silvicultura preventiva, preferentemente a realización de áreas devasas, nas zonas estremeiras ás rúas, polo que as empresas promotoras ou propietarias das liñas deberán establece-las servidumes da suficiente amplitude co fin de poder realizar, sen contratempos, estes labores.

De todos modos, poñeranse en contacto coa Subdirección Xeral de Defensa Contra Incendios Forestais para consensua-las accións baixo as liñas.

Como excepción ó exposto atrás, si se debe respecta-la vexetación de ribeira, así como outras árbores e rodais singulares, e especies endémicas, singulares e/ou protexidas.

Por tanto, á vista da documentación de referencia así como do examinado no expediente ambiental aberto ó respecto, e sempre dentro da liña do expediente, cabe referir, que de cumprirse todo exposto na documentación e informes emitidos ó respecto, non hai motivos para non estimar unha adecuada integración do proxecto, sempre partindo da premisa de que a liña é imprescindible para o funcionamento dos parques xa aprobados. De todos modos, a execución das obras e o plan de seguimento ambiental

serán determinantes no cumprimento da premisa anterior.

Emítese o presente informe sempre dentro do procedemento no que se integra a súa solicitude; emítese, polo tanto, sen prexuízo doutras comunicacións, autorizacións e/ou informes que sexan precisos. Lémbrese que calquera modificación do proxecto que teña algunha afección sobre o medio natural, requirirá o informe correspondente.

A Dirección Xeral de Saúda Pública emite informe favorable ó estudio ambiental.

A Dirección Xeral de Turismo emite dous informes. No primeiro informe conclúe:

A actuación que se pretende levar a cabo posúe unha incidencia destacablemente negativa no que se refire ós aspectos puramente turísticos, nunha zona de alto interese paisaxístico e de influencia na Ribeira Sacra, onde a Dirección Xeral de Turismo está a facer un esforzo para a súa conservación e desenvolvemento.

No segundo informe conclúe:

A actuación que se pretende levar a cabo posúe unha incidencia moi negativa no que se refire ós aspectos puramente turísticos, nunha zona de alto interese paisaxístico que se debe protexer.

Por outra banda, a empresa pon no noso coñecemento que non existen alternativas para modifica-lo percorrido, punto este que cremos que deberán valora-los departamentos ós que corresponda, xa que é probable que si existan pero que esta modificación ocasione á empresa concesionaria un pequeno atraso no tempo e, ó mellor, un maior custo. Se isto fose así, seguimos considerando que se debe reconsidera-la actuación.

Tendo en conta que a execución da liña é necesaria para dar cobertura ó parque eólico aprobado e se, tecnicamente é inviable a modificación do percorrido da liña, tendo ademais en conta que a empresa propón unha serie de actuacións que dinamicen a zona e a construcción de tres miradoiros en lugares singulares e de interese, é posible que o interese turístico deba quedar supeditado a outro tipo de actuacións necesarias para o desenvolvemento da nosa Comunidade Autónoma.

A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas emite informe favorable, cun resumo do proxecto e da tramitación realizada, acompañándoo dunha proposta de condicionado ambiental que inclúe os seguintes puntos:

Ámbito territorial da actuación.

Protección do solo.

Protección da fauna e flora.

Protección de valores arqueolóxicos e etnográficos.

Outras medidas.

Recuperación situación orixinal tras fase de explotación.

Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

Condicións xerais.

Condicións específicas.

Condicións adicionais.

O organismo autónomo Augas de Galicia emite un informe que conclúe:

Da análise da documentación despréndese o seguinte:

* A liña proxectada cruzará sete regatos.

* O estudio de impacto ambiental identifica os seguintes impactos sobre as augas superficiais e subterráneas. Establecen unha serie de medidas preventivas, que consideran suficiente para a protección das augas, polo que non establecen medidas correctoras neste tipo de impactos.

O estudio de impacto ambiental considérase axeitado; resulta polo tanto oportuno emitir informe favorable, sempre que o organismo autorizante controle a aplicación real das medidas propostas, de xeito que non se altere a capacidade hidráulica ou a calidade das augas, nin se permitan ningún tipo de instalacións ou depósitos que dificulten o exercicio da servidume de paso.

Non se afectarán, ou serán repostas na súa totalidade, as instalacións de saneamento ou calquera outra amparada na lexislación hidráulica, que poidan atoparse no trazado das obras e seren alteradas por elas.

Na documentación gráfica pódese apreciar que, alomenos, os apoios 28 e 46 se atopan na zona de policía de leitos, precisando autorización administrativa para as obras (artigo 6 de LA 78 do RDPH). Así mesmo, é necesaria tamén autorización para o cruzamento de liñas eléctricas sobre o dominio público hidráulico (artigo 49 da LA e 127 do RDPH). Todas estas autorizacións deberán ser solicitadas ó organismo autónomo Augas de Galicia.