Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2003 Páx. 14.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data dunha poxa de bens inmobles.

Autorizada por acordo desta dirección xeral, do 26 de setembro de 2003, o alleamento en poxa pública dos bens embargados no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación de Lugo como da propiedade do debedor Ferreiro López, Manuel Antonio con NIF: 33843490-W que a continuación se describen:

-Lote 1:

Rústica: Bosque, terreo sito no lugar de Farnadeiros do municipio do Corgo con sete áreas de superficie. Estremas: norte, Dositeo Penelo; sur, leste e oeste, Manuel Fernández, hoxe da mesma pro

piedade. Predio 7.302, tomo 1.017, libro 103, folio 137. Rexistro da Propiedade de Lugo.

Valor: 700 A.

Cargas: 10.868,81 A.

Tipo: 700 A.

-Lote 2:

Rústica: Leira de Riba da Aira, terreo sito no lugar de Farnadeiros, do municipio do Corgo, con dez áreas de superficie. Estremas: norte e oeste, Germán Ferreiro Arias; sur, Emilio Eiras; leste, herdeiros de Dositeo Penelo. Predio 7.307, tomo 1.017, libro 103, folio 138. Rexistro da Propiedade de Lugo.

Valor: 6.000 A.

Cargas: 10.868,81 A.

Tipo: 6.000 A.

-Lote 3:

Rústica: Souto Pequeno de Peixoeiras, terreo sito no lugar de Fanadeiros, do municipio do Corgo, con tres áreas e dúas centiáreas de superficie. Estremas: norte e leste, Gerardo Fouce; sur, herdeiros de Juan Barrio e oeste, herdeiros de Pedro Vázquez. Predio 7.558, tomo 1.017, libro 103, folio 130. Rexistro da Propiedade de Lugo.

Valor: 302 A.

Cargas: 10.868,81 A.

Tipo: 302 A.

-Lote 4:

Rústica: varada estrada Peixoeiras, terreo sito no lugar de Farnadeiros, municipio do Corgo cunha superficie de tres áreas e setenta e unha centiáreas. Estremas: norte, Gerardo Fouce; sur, camiño; leste, herdeiros de Pedro Vázquez e oeste, estrada de Conturiz a Páramo. Predio 7.559, tomo 1.017, libro 103, folio 131. Rexistro da Propiedade de Lugo.

Valor: 371 A.

Cargas: 10.868,81 A.

Tipo: 371 A.

-Lote 5:

Rústica: Lago, terreo sito no lugar de Farnadeiros, municipio do Corgo, cunha superficie de oito áreas e setenta centiáreas. Estremas: norte, Jesús Arias; sur e leste, José Vázquez Somoza e oeste, José Somoza. Predio 7.564, tomo 1.017, libro 103, folio 135. Rexistro da Propiedade de Lugo.

Valor: 870 A.

Cargas: 10.868,81 A.

Tipo: 870 A.

-Lote 6:

Seara, terreo sito no lugar de Farnadeiros, municipio do Corgo cunha superficie de tres áreas e vintecinco centiáreas. Estremas: norte, José Álvarez

Gayoso; sur, herdeiros de Dositeo Penela; leste, Eduardo Fouce Díaz e oeste, herdeiros de José Fouce. Predio 7.565, tomo 1.017, libro 103, folio 136. Rexistro da Propiedade de Lugo.

Valor: 325 A.

Cargas: 10.868,81 A.

Tipo: 325 A.

-Lote 7:

Rústica: Prado da Horta e Riba do Rego, terreo sito no lugar de Farnadeiros, municipio do Corgo cunha superficie de quince áreas. Estremas: norte e sur, herdeiros, de Dositeo Penelo; leste, camiño público e oeste, Germán Ferreiro Arias. Predio 7.310, tomo 1.022, libro 104, folio 137. Rexistro da Propiedade de Lugo.

Valor: 9.000 A.

Cargas: 10.868,81 A.

Tipo: 9.000 A.

-Lote 8:

Rústica: Brazón O Pedrón, terreo sito no lugar de Santo Estevo de Farnadeiros, municipio do Corgo, cunha superficie de vintecinco áreas e cincuenta centiáreas. Estremas: norte e leste, leira de Dositeo Penelas; sur, metade da mesma leira adxudicada a Mª Nieves Barrio Fouce e oeste, río Miño. Predio 10.962, tomo 1.032, libro 105, folio 166. Rexistro da Propiedade de Lugo.

Valor: 6.375 A.

Cargas: 10.868,81 A.

Tipo: 6.375 A.

-Lote 9:

Rústica: Cortiña, terreo sito no lugar de Santo Estevo de Farnadeiros, municipio do Corgo, cunha superficie de noventa e unha áreas, pechada parcialmente sobre si cun muro de pedra. Referencia catastral 270140000016400028FT, polígono 164, parcela 28. Estremas: norte, Manuel Amedo Fernández e outros; sur, casa Cabadas, herdeiros de Manuel Liz Lázare e herdeiros de Camilo Díaz Fernández da casa Roxón; leste, camiño público e oeste, río Miño. Predio 11.151, tomo 1.052, libro 107, folio 10. Rexistro da Propiedade de Lugo.

Valor: 19.110 A.

Cargas: 10.868,81 A.

Tipo: 8.241,19 A.

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona

DISPOÑO:

Que o día 12 de xaneiro de 2004 ás 10.00 horas, na sala de xuntas da Delegación Territorial da Con-

sellería de Economía e Facenda en Lugo; r/ Ronda da Muralla nº 70, baixo a presidencia do delegado territorial de Lugo, teña lugar a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1º Que consta en poder da Zona de Recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houber, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2º Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3º Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, e deberán ir xunto con cheque conformado, expedido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4º Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5º No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6º Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7º Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo

proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente realizar unha segunda licitación; se existise segunda licitación non haberá prezo mínimo.

8º A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fose obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9º O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá que aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA