Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2003 Páx. 14.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data dunha poxa de bens inmobles.

Autorizada por acordo desta dirección xeral, do 26 de setembro de 2003, o alleamento en poxa pública dos bens embargados no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación de Lugo como da propiedade do debedor Vidal Monteseirin, Eliseo con NIF: 33851659-Y que a continuación se describen:

-Lote 1:

Rústica: Tralaseba, prado de 0,0970 ha de superficie e sita no municipio de Ribeira de Piquín. Ref catastral 27053A040002930000QP. Estremas: norte, parc. 300, pol. 40, sitio Tralaseba de Jesús Díaz Portela e parc. 302, pol. 40, sitio Tralaseba de Mer

cedes Fernández Álvarez; sur, parc. 291, pol. 40, sitio Tralaseba de Manuel Fernández Pérez e parc. 292, pol. 40, sitio Tralaseba de Antonio González Díaz; leste, parc. 299, pol. 40, sitio Tralaseba de Leandro López Soto, parc. 295, pol. 40, sitio Tralaseba de Carmen Díaz Villar, parc. 294, pol. 40, sitio Tralaseba de Dombina Fernández Freijo; parc. 288, pol. 40, sitio Tralaseba de Otiquio López Fernández e parc. 291, pol. 40, sitio Tralaseba de Manuel Fernández Pérez' e oeste, parc. 301, pol. 40, sitio Tralaseba de Jesús Díaz Portela.

Valor: 970 A.

Cargas: Sen cargas

Tipo: 970 A.

-Lote 2:

Rústica: Chao Estivo, prado 0,1777 ha de superficie e sita no municipio de Ribeira de Piquín. Ref catastral 27053A040003690000QJ. Estremas: norte, parc. 335, pol. 40, sitio Estivo de Carmen Díaz Villar; sur, parc. 9010, camiño e parc. 368, pol. 40, sitio Chao Estivo de Antonio González Díaz; leste, parc. 335, pol. 40, sitio Estivo de Carmen Díaz Villar, parc. 336, pol. 40, sitio Chao Estivo de Albino Arias Fernández, parc. 365, pol. 40, sitio Chao Estivo de Carmen Díaz Portela e parc. 366, pol. 40, sitio Chao Estivo de Leandro López Soto e oeste, parc. 370, pol. 40, sitio Chao Estivo de José Vidal Cobas.

Valor: 2.132,40 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 2.132,40 A.

-Lote 3:

Rústica: Pical, prado de 0,0574 ha de superficie e sita no municipio de Ribeira de Piquín. Ref catastral 27053A040005160000QT. Estremas: norte, parc. 521, pol. 40, sitio Pical de José Vidal Cobas, sur, parc. 515, pol. 40, sitio Pical de José Vidal Cobas; leste, parc. 533, pol. 40, sitio Pical de Hemandina Pérez López parc. 534, pol. 40, sitio Pical de Longinos Conde Fernández; e oeste, parc. 515, pol. 40, sitio Pical de José Vidal Cobas e parc. 517, pol. 40, sitio Pical de Antonio González Díaz.

Valor: 574 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 574 A.

-Lote 4:

Rústica: Fondo, destinado a improductivo e a labradío, que ocupa a superficie de 0,0344 ha de superficie e sita no municipio de Ribeira de Piquín. Ref catastral 27053A040007330000QB. Estremas: norte, parc. 734, pol. 40, sitio Fondo de Hermandina Pérez López; sur, parc. 732, pol. 40, sitio Fondo de Dombina Fernández Freijo; leste, parc. 9.002, estrada a Cartea e oeste, parc. 736, pol. 40, sitio Fondo de Elena Sobrado Fernández.

Valor: 15.744,11 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 15.744,11 A.

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona

DISPOÑO:

Que o día 12 de xaneiro de 2004 ás 10.00 horas, na sala de xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Lugo; r/ Ronda da Muralla nº 70, baixo a presidencia do delegado territorial de Lugo, teña lugar a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1º Que consta en poder da Zona de Recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houber, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2º Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3º Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, e deberán ir xunto con cheque conformado, expedido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4º Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5º No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6º Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7º Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente realizar unha segunda licitación; se existise segunda licitación non haberá prezo mínimo.

8º A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fose obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9º O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá que aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos