Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2003 Páx. 14.692

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (477/2001).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentencia.

En Santiago de Compostela o vintesete de decembro de dous mil dous.

Eu, Carlos López Picón, xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de

Santiago de Compostela, vistos estes autos de xuízo verbal sobre reclamación de cantidade, seguidos co número 477/2001 por instancia da entidade mercantil El Corte Inglés, S.A., representada polo procurador Ricardo García Piccoli Atanes e asistida do letrado José Luis Martínez Olivares Gómez, contra Carlos M. Chorén Varela, declarado en rebeldía.

Resolvo que, estimando a demanda interposta polo procurador Ricardo García Piccoli Atanes en nome e representación da entidade mercantil El Corte Inglés, S.A. contra Carlos M. Chorén Varela, debo condenar e condeno o demandado ó pagamento das seguintes cantidades: 1º En concepto de principal, cento setenta e seis mil oitocentas oitenta pesetas (176.880 pesetas) ou mil sesenta e tres con sete euros (1.063,7 euros). 2º Xuros de demora pactados contractualmente e que no momento de interposición de demanda ascenden a trinta e dúas mil trinta e tres pesetas (32.033 pesetas) ou cento noventa e dous con cincuenta e dous euros (192,52 euros) e os demais que se devenguen ata o completo pagamento da débeda, así como á imposición das custas deste procedemento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xulgado e para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, por escrito, con sinatura de letrado e de procurador, na forma prevista nos artigos 457 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Carlos M. Chorén Varela, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela o vinteoito de outubro de dous mil tres.

O/a secretario/a

Rubricado