Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2003 Páx. 14.692

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (32/2003).

Eu, Alfonso Travado y Lira, secretario xudicial da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense, certifico que na peza de apelación nº 32/2003, que se segue ante esta sección segunda, se dictou sentencia co encabezamento e a resolución do teor literal seguinte:

«Fernando Alañón Olmedo, maxistrado da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense, a quen por quenda lle correspondeu en vía de recurso de apelación o coñecemento da peza de apelación que logo se dirá, dicta en nome de El-Rei a seguinte sentencia nº 49/2003. En Ourense o catorce de maio de dous mil tres. Peza de apelación nº 32/2003, procedente do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ourense, no que se seguiu o xuízo de faltas 274/2002. É parte neste recurso, como apelante, Jacinto Fernández Murias. Seguen antecedentes de feito, feitos probados e fundamentos de dereito. Resolvo: desestímase o recurso de apelación interposto por Jacinto Fernández Murias contra a sentencia dictada con data do 28 de outubro de 2002 polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta capital, nos autos de xuízo de faltas nº 274/2002, da que se confirma a resolución na súa integridade, e impónselle á ape

lante as custas devengadas na alzada. Contra esta resolución non cabe ningún recurso ordinario. Devólvanse os autos orixinais ó xulgado de que proceden, con testemuño desta sentencia para o seu coñecemento e cumprimento. Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación á peza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Fernando Alañón Olmedo. Rubricado».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Jacinto Fernández Murias, que se encontra en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia en Ourense o 29 de outubro de 2003.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA