Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2003 Páx. 14.689

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2003 pola que se fai público o límite de crédito dispoñible do Programa de especialización laboral. Promoción de mercados laborais especializados. Subvención a fondo perdido para resolucións que se dicten no ano 2003 con cargo ó ano 2004.

As bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica publicadas mediante Resolución do 13 de xullo de 2001 (DOG nº 142, do 23 de xullo) para o Programa de especialización laboral prevé o establecemento de compromisos plurianuais dentro dos límites autorizados.

Con data do 27 de decembro, o Parlamento de Galicia aprobou os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, publicados mediante Lei 6/2002 (DOG nº 251, do 30 de decembro). Por outra parte, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 20 de marzo de 2003, autorizou os límites de plurianualidades do Instituto Galego de Promoción Económica.

Polo que antecede,

RESOLVO:

Facer público, de acordo co importe que se relaciona a continuación, o límite de crédito dispoñible do Programa de especialización laboral. Promoción de mercados laborais especializados. Subvención a fondo perdido para resolucións que se dicten no ano 2003 con cargo ó ano 2004.

Partida orzamentaria: 01.02.14/01/01.

Finalidade: Programa de especialización laboral. Promoción de mercados laborais especializados. Subvención a fondo perdido.

Límite dispoñible 2004: 150.000 A.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica