Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2003 Páx. 14.653

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de novembro de 2003 pola que se clasifica como benéfico social a Fundación Fernández Espín.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Fernández Espín, con domicilio en Camariñas (A Coruña).

Supostos de feito.

1. A fundación formulou solicitude de clasificación para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación Fernández Espín, foi constituída en virtude de testamento outorgado pola fundadora Manuela Fernández Espín en escritura autorizada polo notario de Vimianzo Rafael Benzo Mestre o día 27 de decembro de mil novecentos sesenta e tres, adaptada por escritura pública outorgada na Coruña o día vintecatro de xullo de dous mil tres, ante o notario Francisco Manuel Ordóñez Armán, co número de protocolo dous mil trescentos once por Jesús Nieto Baneira, Ana María Campos Sánchez, María del Carmen Bugallo Romero, María Teresa Bolaño Vázquez e María del Carmen Sánchez Corral, interveñen no seu propio nome e dereito e ademais Jesús Nieto Baneira na súa condición de párroco da igrexa de San Jorge de Camariñas, María del Carmen Bugallo Romero na súa condición de presidenta da Asociación de Veciños de Camariñas, María Teresa Bolaño Vázquez na súa condición de directora do colexio público de Xaviña e María del Carmen Sánchez Corral na súa condición de responsable do colexio público de

infantil e primaria O Areal.

3. O obxecto da fundación, segundo establece o artigo 6 dos estatutos, é facilitarlles ós xubilados, anciáns, e desvalidos un lugar de recreo e, se é o caso, residencia, para o seu benestar e o da comunidade á que pertencen, remediando na medida do posible as necesidades da xente de idade, así como facilitarlle á infancia ensinanzas complementarias ás recibidas nas escolas ordinarias.

4. O padroado da fundación estará integrado segundo se estableceu na orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, do 12 de xuño de 2003, publicada no Diario Oficial de Galicia do 24 de xuño, e incorporada á escritura de constitución da fundación.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías eleva ó conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, proposta de clasificación como benéfico social da Fundación Fernández Espín, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, véndose cumpridos os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de inte

rese galego, procede a súa clasificación como benéfico social e a súa adscrición á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, corresponde a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, quen exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 18 de novembro de 2003.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como benéfico social a Fundación Fernández Espín adscribíndoa á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública