Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2003 Páx. 14.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión do 20 de novembro de 2003, aprobou a forma de adxudicación, mediante concurso, para executa-las obras de dotación de infraestructuras de saneamento no contorno do río Miño: polígono da Tolda, 2ª fase. Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución das obras do proxecto denominado dotación de infraestructuras de saneamento no contorno do río Miño: polígono da Tolda, 2ª fase.

b) Prazo de execución: seis meses. Non obstante, o prazo será o ofrecido na proposición do adxudicatario.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedimiento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: o importe total do contrato é de 486.331,74 euros, non obstante, o prezo do contrato será o ofrecido polo adxudicatario na súa oferta.

5. Garantías.

Provisional: 9.726,63 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e CP: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d), grupo G, subgrupo 6, categoría d) e grupo I, subgrupo 1, categoría c).

b) Outros requisitos: os sinalados no prego de cláusulas.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula novena do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación.

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e CP: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil (agás sábado ou festivo) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: 872,70 euros que serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 20 de novembro de 2003.

P.D.

Francisco Félix Fernández Liñares

Tenente alcalde delegado da Área de Economía,

Emprego e Zona Rural