Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2003 Páx. 14.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO de licitación.

Aprobado por Resolución da Alcaldía o prego de condicións administrativas particulares que rexerán o preocedemento para a contratación da execución da obra referenciada, exponse ó público por 4 días hábiles seguintes á publicación do correspondente anuncio no último dos boletíns oficiais no que apareza (DOG ou BOP), para que poidan presentarse reclamacións por quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso, aínda que a licitación aprazarase canto resulte necesario de presentarse reclamacións ó pregos.

Durante o prazo de presentación de instancias permanecerá así mesmo exposto o correspondente proxecto técnico, podendo presentarse as alegacións que se entendan oportunas a el.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mos.

2. Obxecto do contrato: execución da obra de urbanización tramo urbano. N-120, do p.k. 661,600 ó p.k. 662,700. Prazo de execución: 8 meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 387.545,82 euros, IVE e demais tributos incluídos.

5. Garantías. Provisoria: 2% do orzamento do contrato. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de información e documentación: Concello de Mos. Regenjo 1. 36416 Petelos, Pontevedra. Teléfono: 986 33 12 00. Telefax: 986 33 66 18.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d).

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo e lugar: no Concello de Mos (Pontevedra) durante os 13 días naturais desde o seguinte ó de publicación do presente anuncio no último dos boletíns no que apareza (DOG ou BOP). De 9.00 a 14.00 horas de luns a venres, de 9.00 a 13.00 horas os sábados, no rexistro xeral do concello ou da forma sinalada na cláusula 8 do prego de condicións.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de 2 sobres pechados, A e B, denominados de Documentación xeral e Documentación específica para o concurso, coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula 8 dos pregos de condicións.

9. Apertura das ofertas: o 3º día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para efectos da apertura, o sábado considerarase inhábil).

10. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

11. Modelo de proposición contido nos pregos de condicións.

ANEXO

Modelo de proposición

D..., co DNI nº...; actuando en nome propio ou en representación da entidade...; con enderezo para efectos de notificacións en..., tendo coñecemento do concurso tramitado polo Concello de Mos para a execución da obra de urbanización tramo urbano N-120, do p.k. 661,600 ó p.k. 662,700 e informado dos pregos aprobados para o efecto, comprométese a efectuala ofertando as seguintes melloras:

-As relativas á calidade e valor técnico dos materiais para empregar que, no seu conxunto, supoñen melloras por importe de... A, sen prexuízo da valoración contrastada que se efectúe polo concello.

Achégase a descrición detallada delas, coa súa valoración independente ou separada, en anexo I.

-Prazo de mantemento das obras, por encima do de garantía, de: ... (anos, meses).

-O programa de execución dos traballos, cos contidos do artigo 9 dos pregos e segundo o anexo II.

-Prazo de execución do contrato: ... meses.

...

(Lugar e data)

(Sinatura)

Mos, 10 de novembro de 2003.

Mª Jesús Escudero Lago

Alcaldesa